Lee Kuan Yew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lee Kuan Yew
Nacemento16 de setembro de 1923
Lugar de nacementoSingapur
Falecemento23 de marzo de 2015
Lugar de falecementoSingapore General Hospital
Causapneumonía
SoterradoMandai Crematorium and Columbarium
NacionalidadeSingapur
RelixiónAgnosticismo
Alma máterFitzwilliam College, Cambridge, London School of Economics, Universidade de Cambridge, Instituto Raffles, Universidade Nacional de Singapura e Universidade de Londres
Ocupaciónfilósofo, autobiógrafo, avogado, estadista e político
PaiLee Chin Koon
NaiChua Jim Neo
CónxuxeKwa Geok Choo
FillosLee Hsien Loong, Lee Hsien Yang e Lee Wei Ling
IrmánsFreddy Lee
PremiosOrdem de Honra, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de san Miguel e san Xurxo, Order of the Badge of Honour, Orden da Amistade, Premio Ig Nobel, Order of the Rising Sun, 1st class, Companion of Honour, Orde da Amizade, medal "for 20 years of Kazakhstan's independence", Grand Cordon of the Order of the Paulownia Flowers, honorary doctor of the University of Hong Kong, honorary doctor of the Fudan University, honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong, China Reform Friendship Medal e honorary doctor of the Moscow State Institute of International Relations
Na rede
IMDB: nm2285412 WikiTree: 李-4 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lee Kuan Yew, coñecido polas súas iniciais LKY e ás veces referido nos seus primeiros anos como Harry Lee, nado en Singapur o 16 de setembro de 1923 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 2015, foi o primeiro Primeiro Ministro de Singapur, gobernando durante tres décadas. Lee é recoñecido como o pai fundador da nación, co país descrito como en transición dende "o terceiro mundo ao primeiro nunha única xeración" baixo o seu liderado.[1][2][3]

Como cofundador e primeiro secretario xeral do Partido de Acción Popular (PAP), liderou o partido nunha vitoria esmagadora en 1959, participou na separación de Singapur da Federación Malaia en 1965 e nas transformacións dunha colonia relativamente subdesenvolvida sen recursos no primeiro mundo. Foi unha das figuras políticas máis influentes do Sueste asiático.

Baixo a administración do segundo primeiro ministro de Singapur, Goh Chok Tong, traballou como Ministro Senior. Ostentou o cargo de Ministro Mentor, un posto creado polo seu fillo, Lee Hsien Loong, que se converteu no terceiro primeiro ministro o 12 de agosto de 2004.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descendente dunha familia adiñeirada de etnia chinesa, Lee naceu o 16 de setembro de 1923 no Singapur baixo dominio británico (92 Kampong Java Road de Singapur). Os seus pais foron Lee Chin Koon e Chua Jim Neo. En 1950 casou oficialmente con Kwa Geok Choo, con quen tivo dous fillos, Lee Hsien Loong e Le Hsien Yang, e unha filla, Le Wei Ling.[6]

Cando terminou os seus estudos en Londres, regresou a Singapur, comezou a mellorar o seu mandarín e hokkien, prestando máis interese aos valores asiáticos e entrou a militar no Partido de Acción Popular, co que foi primeiro ministro de Singapur de 1959 a 1990. Por iso, é lembrado como "o pai da patria". Exerceu un goberno estrito no social, mais profundamente capitalista, que impulsou a economía da nova nación ata convertela nun dos países máis competitivos do mundo.

Durante o seu mandato promoveu a idea dos valores asiáticos, fronte ao concepto de democracia occidental, como modelo de desenvolvemento para as sociedades de Asia Oriental. Así, o goberno do Singapur independente caracterizouse pola rixidez na aplicación das súas regulamentacións, con medidas controvertidas como a prohibición de comerciar a goma de mascar.[7] Igualmente, ás veces foron controvertidos os seus intentos de enxeñaría social, ou a idea de construír unha Gran China formada polos chineses de todo o mundo.[8] "A afinidade de raza, cultura e lingua é a base das relacións de negocios", dixo nunha ocasión.[8]

Certos observadores afirmaron que algunhas das súas medidas contribuíron ao éxito económico de Singapur, lugar famoso pola limpeza das súas rúas e os baixos índices de delincuencia. Con todo, outros denunciaron este carácter autoritario, acusando a Lee de ditador.

Lee, a pesar de deixar o cargo de primeiro ministro en 1990, seguiu no goberno como ministro sen carteira; primeiro como Senior Minister mentres Goh Chok Tong foi primeiro ministro ata 2004; e dende entón Mentor Minister, pois cando o seu fillo Lee Hsien Loong substituíu a Goh Chok Tong como primeiro ministro, este último asumiu o cargo de Senior Minister.[4][5]

Moitos aplaudiron o seu modelo de desenvolvemento económico e outros consideraron que este se acadou en detrimento dunha sociedade plenamente democrática. A comezos de 2015, foi internado de urxencia debido a unha pneumonía grave e posteriormente foi conectado a máquinas para mantelo con vida. Finalmente, faleceu o 23 de marzo á madrugada. Aínda que deixara de ser primeiro ministro en 1990, ata o seu último día mantivo o seu posto no goberno e a súa acta de parlamentario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Condolence Messages from Our Partners". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  2. Allison, Graham (28 de marzo de 2015). "Lee Kuan Yew: Lessons for leaders from Asia's 'Grand Master'". CNN. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  3. Weatherbee, Donald E. (2008). Historical Dictionary of United States-Southeast Asia Relations. Scarecrow Press. p. 213. ISBN 9780810864054. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Why it's no change in Singapore". The Editor (press review) (Londres: guardian.co.uk). 16 de agosto de 2004. 
  5. 5,0 5,1 "Singapore told to feel free". Londres. 13 de agosto de 2004. 
  6. "The Cabinet - Mr LEE Kuan Yew". Consultado o 26 de abril de 2008. 
  7. ""No se acaba el mundo por vivir sin chicle"". Consultado o 9 de xaneiro de 2010. 
  8. 8,0 8,1 "Primero Asia, luego, ¡el mundo!". Consultado o 9 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]