Saltar ao contido

Qin Shihuang

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Qin Shi Huang»)

Modelo:BiografíaQin Shihuang

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 趙政 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo始皇帝 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 259 a. C. ↔ 24 de febreiro de 259 a. C. Editar o valor en Wikidata
Handan (Zhao) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xullo de 210 a. C. ↔ 10 de agosto de 210 a. C. Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Guangzong County (Dinastía Qin) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteChinese alchemical elixir poisoning (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo de Qin Shi Huang Editar o valor en Wikidata
Chinese king (en) Traducir Qin (pt) Traducir
7 de maio de 247 a. C. – 221 a. C.
← King Zhuangxiang of Qin (en) TraducirSupresión do cargo →
Emperador da China Dinastía Qin
221 a. C. – 10 de setembro de 210 a. C.
← sen valor – Qin Er Shi → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, gobernante, Emperador, monarca Editar o valor en Wikidata
Participou en
Qin Shi Huang's inspection tours (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Qin Editar o valor en Wikidata
FillosPrince Jianglü, Prince Gao, Qin Er Shi, Ziying, Fusu Editar o valor en Wikidata
PaisKing Zhuangxiang of Qin Editar o valor en Wikidata  e Queen Dowager Zhao Editar o valor en Wikidata
IrmánsZiying
Chengjiao Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Registos do Historiador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 17643597 Editar o valor en Wikidata

Qin Shi Huangdi (秦始皇帝 pinyin : Qín Shǐ Huángdì) foi o emperador fundador da chinesa dinastía Qin (258 a 210 a.C.)

Foi primeiramente rei de Qin, desde 247 a 221 a.C.. O seu apelido era Ying (?) e o seu nome propio Zheng (?), dise que escollido por ser homónimo do mes do seu nacemento, primeiro no ano chinés. Mais o nome persoal dun soberano non era empregado, por respecto, mentres estaba vivo, de modo que para os seus contemporáneos era "o rei de Qin". Porén os investigadores menciónano coma o rei "Zheng de Qin". No 221 a. C., tomou oficialmente o título de « Primeiro augusto soberano » (Shi Huangdi), en referencia aos monarcas antigos Sanhuangwudi.

O seu reinado foi colocado so o signo da filosofía lexista inspirada por Han Feizi. Foi un soberano autoritario que non sufriu contestación. Ordenou unha violenta represión contra os confucianos, inimigos desde antigo do lexismo, acusados de conspirar na súa contra. Moitos serían enterrados vivos no mesmo outeiro onde decidira queimar os seus escritos. Tal incidente, foi relembrado pola Historia, e inspirou a Mao Zedong o lema "Queimemos os libros e enterremos as letras" (Fenshu Kengru ????), cando a Revolución Cultural. A partir dos anos 70 do século XX, Qin Shihuang, por outra banda, foi presentado nos manuais de historia baixo o favorábel aspecto dun monarca progresista que loitaba contra as forzas reaccionarias.

Unificou os sete reinos que se "esfolaban" entre si. Unificou tamén o sistema de pesos e medidas, a lingua e a escrita. A fin de protexer o seu nacente Imperio, fixo empatar os pedazos de murallas existentes para formar a primeira gran muralla. O nome da súa dinastía, deformado, chegou ata Occidente e deu orixe ao nome do Imperio do medio nas linguas europeas: China en galego. A tradición atribúelle a invención do peiteado imperial mianliu (冕旒), cunha especie de cortina que oculta parcialmente o rostro, ben visíbel nos retratos dos soberanos antigos e que tamén ostentan as estatuas das divindades.

O título do emperador Qin

[editar | editar a fonte]

No -221, o rei de Qin adoptou o título de Shi Huangdi, ou "primeiro emperador", creando para a ocasión a palabra Huangdi, que se pode traducir por Emperador, que retomaran logo todos os soberanos que virían despois del. Este termo é a unión de Huang, "supremo" ou "augusto", e máis Di, "soberano", unha alusión aos tres Augustos e cinco Emperadores, primeiros soberanos míticos da China. Ostentou o título de Shi Huangdi durante todo o seu reinado. Seu fillo foi Er Huangdi, "Segundo Emperador". Mais a Historia quixo que a serie terminase nel.

Co advento da Dinastía Han, Shi Huangdi foi considerado inaceptábel polos Han, que non querían recoñecelo coma o primeiro na súa liñaxe. Denominarano entón "Primeiro Emperador da Dinastía Qin", é dicir Qin Shi Huangdi. Porén, a maioría dos nomes de persoa chineses son expresados con dous ou tres sinogramas ; di foi ao final suprimido, quedando como Qin Shi Huang: Qin Shihuang. O fillo e sucesor como Qin Ershi.

O uso actual na China é denominar ao primeiro Emperador Qin Shi Huang, e ás veces Qin Shi Huangdi, máis usado fóra da China.

Xuventude e Rei de Qin: o conquistador

[editar | editar a fonte]

Na época do nacemento de Zheng, Chian estaba dividida en estados feudais que se mantiñan en guerra constante. É o período coñecido na Historia da China coma Período dos Estados Feudais. A competencia era extremadamente feroz. Cara ao 260 a. C. apenas subsistían un puñado de Estados, tendo o resto desaparecido ou sendo anexionados. Mais o estado de Zheng,Qin, era o máis poderoso. Estaba gobernado por filósofos lexistas e enfocado principalmente cara a asuntos militaristas.

Zheng nacera en Handan (邯鄲), capital do rival Estado de Zhao. Era fillo de Zichu (子楚), príncipe da casa real de Qin, que servía como hóspede no Estado de Zhao, en virtude dun acordo entre Qin e este último país. Zichu posteriormente volveu a Qin, após numerosas aventuras, onde coa axuda dun rico mercador chamado Lü Buwei (呂不韋), puido ascender ao trono de Qin, converténdose o devandito Lü Buwei en chanceler ou primeiro ministro. Zichu sería coñecido postumamente coma o rei Zhuangxiang de Qin. Segundo unha estendida lenda, Zheng sería fillo de Lü Buwei e non de Zichu. Esta fábula naceu porque a nai de Zheng fora en principio concubina de Lü Buwei. Porén a historia é dubidosa debido a que para os confucianistas podería ser moito máis fácil de acusar a un gobernante de orixe ilexítima.

Zheng subiu ao trono en 247 a.C., con 12 anos de idade, e foi rei so o control dun rexente ata 238 a.C., en que con 21 anos, asestou un golpe palaciano e asumiu todo o poder. Continuou a tradición atacando tenazmente e derrotando os Estados feudais (eludindo o seu propio asasinato, ambicionado por Jing Ke). Finalmente tomou control da China enteira en 221 a.C., ao derrotar o derradeiro Estado chinés independente, o Estado de Qi.

Entón no mesmo ano, con 38 anos de idade, o rei de Qin autoproclamouse coma Primeiro Emperador.

O Unificador

[editar | editar a fonte]
始皇帝
Shǐ Huángdì o "Primeiro Emperador" (escrita nun pequeno selo, 220 a.C.)

Para evitar a renacenza da política caótica do Período dos Estados Feudais, Qin Shihuang e o seu chanceler Li Si aboliron por completo o feudalismo.

Pola contra, dividiron o Imperio en 36 provincias, a cargo de gobernadores, que eran depostos a vontade do goberno central. Foron separados os poderes civís e militar para evitaren un exceso de poder en mans dun simple servente. Deste xeito cada provincia era dirixida por un gobernador civil (shōu ?) asistido por un gobernador militar (wèi ?), este con poder inferior ao do civil, o que constituíu unha constante na historia chinesa. Á súa vez o gobernador civil, cada cinco anos, era reasignado a unha provincia diferente, a fin de previr que chegase a crear unha base de poder.

Un inspector (jiàn ?) figuraba, tamén, en cada provincia, coa misión de informar ao goberno central da posta en marcha da súa política, dar parte do exercicio de poder por parte dos gobernadores, e, talvez , de resolver conflitos entre os dous gobernadores.

Este sistema administrativo era en realidade unha extensión para todo o Imperio de sistemas xa implantados no Estado Qin antes da unificación da China. En Qin o feudalismo fora xa abolido no século IV, e o reino dividírase en provincias, cuxos gobernadores eran depostos segundo a vontade da autoridade central.

Qin Shihuang ordenou que todos os membros das anteriores casas reais dos conquistados países se desprazasen a Xianyang (咸陽), a capital de Qin, hoxe na provincia de Shaanxi, onde serían custodiados baixo rigorosa vixilancia para evitar actividades rebeldes.

O Emperador desenvolveu unha dilatada rede de estradas e canais, conectando as provincias, para acelerar o comercio entre elas, e para facilitar os desprazamentos militares a provincias rebeldes.

Qin Shi Huang e Li Si centralizaron China economicamente ao unificaren as unidades chinesas de medida, como pesas e medidas, a moeda, a lonxitude dos eixos dos carros (así calquera carro transitaría comodamente polas rodeiras dos novos camiños), o sistema legal etcétera.

Se cadra máis importante, foi a unificación da escrita chinesa. Con Li Si, a escrita do selo do Estado Qin, que xa fora desenvolvida organicamente na escrita da dinastía Zhou, foi normalizada, pola eliminación de variantes adoptadas na mesma escrita Qin. Esta nova escrita normalizada foi elevada a oficial nas rexións conquistadas, eliminando as escritas rexionais e acabando por se converter na escrita oficial para toda a China.

Ao contrario do que se cre popularmente, Li Si non inventou a escrita, nin era completamente nova daquela. Editos escritos na nova grafía foron gravados nas paredes das montañas sagradas da China, como os famosos editos gravados en Monte Taishan, que fan saber ao Ceo da unificación na Terra baixo o Emperador, e dese xeito propagar a nova escrita entre o pobo.

Porén, a grafía era difícil de escribir, de maneira que sobreviviu unha escrita Qin informal, que estaba xa desenvolta como unha forma temperá de escrita clerical

Qin Shi Huang continuou a expansión militar durante o seu reinado, anexionando zonas do Sur (a actual provincia de Guangdong foi invadida por exércitos chineses por vez primeira) e combatendo tribos nómades no norte e noroeste. Esas tribos (os Xiongnu) foron sometidas, pero a campaña ficou inacabada. Para evitar que os Xiongnu traspasasen a fronteira do Norte algunha vez, o Emperador mandou construír unha enorme muralla defensiva, unindo varias anteriores, que subsistían desde a Época dos Estados Feudais.

Esa muralla, na construción da cal foran mobilizados centos de miles de homes, dos que morreron un número descoñecido, foi o precedente da actual Gran Muralla da China. Foi construída moito máis ao Norte que a actual. Esta foi erguida durante a dinastía Ming, cando a China xa posuía, polo menos, o dobre de habitantes que na época do primeiro Emperador, ademais de empregarse un século en levantala (na de Qin Shihuang tardáranse dez anos). Moi pouco perdura hoxe desa primitiva muralla.

O Emperador morreu durante unha viaxe a China Oriental, en busca das lendarias Illas dos Inmortais, e o segredo da vida eterna.

Disque morreu a consecuencia de tomar pastillas de mercurio, que foran feitas polos doutores e científicos da Corte, cun contido demasiado elevado de mercurio. Ironicamente, esas pílulas foran confeccionadas para facer a Qin Shihuang inmortal.

A morte tivo lugar o 10 de setembro de 210 a.C., no pazo da prefectura de Shaqiu, a unha distancia, andando, aproximada de 2 meses desde a capital Xianyang.

As escavacións da tumba do Emperador Qin

[editar | editar a fonte]

A Qin Shihuang débeselle o mausoleo de Xi'an, que ten unha extensión aproximada de km², un túmulo, dunha altura de 115 m por 1,5 quilómetros, recubrindo unha foxa que contén arredor de oito mil estatuas de soldados e cabalos de cerámica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
'
 Dinastía Qin 
247-221 a. C.
Sucesor:
Qin Er Shi