Saltar ao contido

Hal Greer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHal Greer

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Harold Everett Greer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata
Huntington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Arizona, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHuntington (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMarshall University (pt) Traducir
Douglass Junior and Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata - 1973 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor em Wikidata
Convocado porPhiladelphia 76ers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Marshall Thundering Herd baseball (en) Traducir
1955-1958 Marshall Thundering Herd men's basketball (en) Traducir
1958-1973 Philadelphia 76ers (Escolta, Base) Editar o valor em Wikidata
Premios

Harold Everett Greer, nado o 26 de xuño de 1936 en Huntington, Virxinia Occidental, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado na segunda rolda do Draft da NBA polos Syracuse Nationals (actuais Philadelphia 76ers) en 1974, onde permanecería toda a súa carreira. É o máximo anotado histórico dos Sixers, sendo recoñecido polo club retirando o seu dorsal 15. En 1982 foi admitido no Basketball Hall of Fame como xogador e en 1996 foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou a competición universitaria estadounidense, a NCAA, coa Universidade de Marshall, onde foi o primeiro atleta de raza negra. En 71 partidos fixo unha media de 19,4 puntos e 10,8 rebotes, sendo elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da súa conferencia.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido no Draft da NBA de 1958 polos Syracuse Nationals (actuais 76ers) na sexta posición da segunda rolda, o que supoñía a décimo terceira elcción global. Greer xogou para Syracuse durante cinco tempadas, chegando a facer unha media de 22,8 puntos por partido en 1961. Ese ano foi elixido para xogar o NBA All-Star Game. En 1963, os Syracuse Nationals trasldáronse a Philadelphia e convertéronse nos Philadelphia 76ers. Alí, foi compañeiro de Wilt Chamberlain e formou parte do equipo que acabou co reinado dos Boston Celtics liderado por Bill Russell. Nos 15 partidos de playoffs dos 76ers desa tempada, Greer fixo 27,7 puntos por encontro. Greer tiña unha técnica para lanzar os tiros libres pouco usual, pero moi efectiva. É considerado coma o terceiro mellor escolta dos anos 60, despois de Oscar Robertson e Jerry West.

Greer xogou en 10 All-Star Game e foi o MVP do partido de 1968, onde anotou 21 puntos, 19 deles nun só cuarto. Tamén foi elixido sete veces no 2º Equipo All-NBA, e anotou máis de 20.000 puntos durante a súa carreira na NBA. Abandonou a competición profesional en 1971 á idade de 34 anos. O seu número 15 foi retirado polos Sixers como homenaxe á súa carreira deportiva. Despois de retirarse foi incorporado en 1982 ao Basketball Hall of Fame. En 1996 foi elixido un dos cincuenta mellores xogadores da historia da NBA.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]