Sam Jones
Sam Jones | |
---|---|
Posición | Escolta |
Dorsal | 24 |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 90 kg (198 lb) |
Nacemento | 24 de xuño de 1933 (87 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | North Carolina Central |
NBA Draft | 1957 / Rolda: 1 / Elección: 8 Por Boston Celtics |
Tempadas | 1957–1969 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 15 411 (17,7 pp) |
Rebotes | 4 305 (4,9 pp) |
Asistencias | 2 209 (2,5 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
Samuel "Sam" Jones, nado o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que formou parte do lendario equipo dos Boston Celtics que conseguiron oito títulos seguidos na década dos 60. Naceu o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, Carolina do Norte. Está considerado un dos bases máis rápidos, con mellor visión de xogo e tiro de todos os tempos.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Jones realizou a súa carreira universitaria na North Carolina Central College, formando un equipo só de xogadores negros. Nos seus catro anos fixo 17,7 puntos e 9,1 rebotes por partido.
NBA[editar | editar a fonte]
Foi elixido polos Boston Celtics na primeira rolda do draft na sexta posición, un ano despois de que os Minneapolis Lakers o elixisen tamén, pero renunciando a causa do servizo militar. Toda a súa carreira transcorreu na cidade de Massachusetts, onde, en 12 tempadas conseguiu 10 títulos da NBA, sendo soamente superado neste aspecto en toda a historia por Bill Russell. Habitualmente é mencionado como o cuarto mellor base da década dos 60, detrás de Oscar Robertson, Jerry West e Hal Greer. Era unha base rápido e con gran visión de xogo, pero que destacaba sobre todo no tiro en suspensión, faceta que lle fixo gañarse o alcume de "The Shooter" (o tirador). Participou en cinco All-Star Game.
Equipos[editar | editar a fonte]
Logros persoais[editar | editar a fonte]
- Cinco veces All Star.
- Tres veces elixido no segundo mellor quinteto da NBA.
- Elixido un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 1984.