John Stockton
John Stockton | |
---|---|
Posición | Base |
Dorsal | 12 |
Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
Peso oficial | 77 kg (170 lb) |
Nacemento | 26 de marzo de 1962 (61 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Gonzaga |
NBA Draft | 1984 / Rolda: 1 / Elección: 16 Por Utah Jazz |
Tempadas | 1984–2003 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 19 711 (13,1 pp) |
Asistencias | 15 806 (10,5 pp) |
Roubos | 3 265 (2,2 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
John Houston Stockton, nado o 26 de marzo de 1962 en Spokane, Washington, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. A súa traxectoria profesional transcorreu entre os anos 1984 e 2003, formando parte sempre do cadro de xogadores dos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA). Xunto a Karl Malone formou unha das parellas máis relevantes da historia da NBA,[1] levando á franquía de Salt Lake City a xogar dúas Finais.
Cunha altura de 1,85 metros e 77 quilogramos de peso, está considerado coma un dos mellores bases da historia do baloncesto. Posúe o maior marca de asistencias da NBA (15.806) e de roubos de balón (3.265) cunhas marxes moi folgadas con respecto aos seguinte, xa que o segundo con máis asistencias da historia, Jason Kidd, leva 10.923, e o segundo en roubos, Michael Jordan, 2.514. Ingresou no Basketball Hall of Fame en 2009 e ten o seu dorsal 12 retirado polos Utah Jazz.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou 4 anos coa Universidade de Gonzaga, na súa cidade natal. Na súa última temporada fixo unha media de 20,9 puntos e 7,2 asistencias, cifras que o situarían nun bo posto no draft.
Profesional[editar | editar a fonte]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi elixido polos Utah Jazz en 1984, co número 16 do draft da NBA. Tras tres tempadas con poucas oportunidades comezou a despuntar coma un dos mellores bases da liga. Deste xeito formou unha longa e exitosa asociación co ala-pívote Karl Malone, que os levou a rozar o título nos anos 1997 e 1998, aínda que perdendo en ámbolos dous casos contra os Chicago Bulls de Michael Jordan. A súa carreira tivo un momento cume cando no sexto partido da final da conferencia oeste marcou o triplo que lles deu a vitoria sobre os Houston Rockets. Isto levou aos Jazz á súa primeira final da NBA.
A súa principal calidade era a visión de xogo e unha lectura perfecta de calquera situación na pista. O seu físico estaba bastante afastado do habitual nun xogador da NBA e a miúdo díxose del que tiña máis aspecto de oficinista que de deportista de elite. Pese a todo xogou un total de 19 temporadas na NBA, da que se retirou en 2003 ós 41 anos e xogando ó máximo nivel. Stockton gañouse a etiqueta de xogador da "vella escola" debido ao seu xogo físico, o seu uniforme con pantalóns moi curtos, o seu vestiario sinxelo fóra da pista e o seu comportamento reservado.
O 2 de maio de 2003, Stockton anunciou a súa retirada por medio dun comunicado de prensa, no canto da típica conferencia de prensa. Máis tarde, os Jazz fixéronlle unha celebración e homenaxeáronlle pondo o seu nome á rúa do Energy Solutions Area (o estadio dos Jazz). O seu número, o 12, foi retirado durante un partido o 22 de novembro de 2004. En fronte do estadio hai unha estatua súa, acompañando a outra próxima de Malone, erixida o 23 de marzo de 2006. Estas estatuas teñen unha placa de bronce que conmemora os seus logros en común.
Logros[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Baloncesto | |||
Xogos Olímpicos | |||
Ouro | Barcelona 1992 | Estados Unidos | |
Ouro | Atlanta 1996 | Estados Unidos | |
Campionato FIBA Américas | |||
Ouro | Portland 1992 | Estados Unidos |
John Sockton acabou cunha media de dobre-dobre de toda a súa carreira, con 13,1 puntos e 10,5 asistencias por partido. Ten ademais a marca da NBA de asistencias (15.806) cunha considerable marxe e tamén o de roubos (3.265) e está en cinco das seis mellores tempadas na clasificación de asistencias nunha soa tempada (a outra está en mans de Isiah Thomas). Tamén posúe a marca do maior número de tempadas xogadas e partidos consecutivos xogados cun mesmo equipo, e é o terceiro xogador que máis partidos xogou, só por detrás de Kareem Abdul-Jabbar e Robert Parish. Para dar unha idea, xogou en 34 partidos nos que promedió 20 ou máis asistencias.
Tamén ten a media máis alta de asistencias por partido nunha tempada (14,5 na 1989-90) e unha marca persoal de 28 nun só encontro. Foi 10 veces All Star e tamén formou parte do Dream Team, que gañou o ouro en Barcelona 92. Stockton xogou en 10 partidos de All-Star, e foi nomeado co-MVP do partido en 1993 celebrado en Salt Lake City, Utah, co seu compañeiro de equipo nos Jazz Karl Malone.
Xunto a Patrick Ewing, Charles Barkley, Dominique Wilkins, Elgin Baylor, Reggie Miller, Pete Maravich e o seu compañeiro de equipo Karl Malone, considéraselle un dos mellores xogadores da historia que nunca gañaron un anel. El e a súa muller, Nada Stepovich (filla de Matilda e Michael Anthony Stepovich, o penúltimo gobernador territorial de Alaska) teñen dúas fillas, Lindsay e Laura, e catro fillos, Houston, Michael, David e Samuel.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Utah Jazz
- Bases de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Nados en 1962
- Nados en Washington
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996