Bill Melchionni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bill Melchionni
Posición Base
Dorsal 28, 3, 25
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 75 kg (165 lb)
Nacemento 19 de outubro de 1944 (79 anos)
Pensilvania Filadelfia, Pensilvania
Carreira
Universidade Villanova (1963–1966)
NBA Draft 1966 / Rolda: 2 / Elección: 19
Por Philadelphia 76ers
Tempadas 19661976
Equipo(s)
Estatísticas (NBA e ABA)
Puntos     6 870 (10,6 pp)
Rebotes     1 284 (2,0 pp)
Asistencias     3 247 (5,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

William P. "Bill" Melchionni, nado o 19 de outubro de 1944 en Filadelfia, Pensilvania, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA) e da American Basketball Association (ABA). Con 1,85 metros de estatura, xogaba na posición de base. Tras a súa retirada, os New York Nets retiraron o seu dorsal como homenaxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Wildcats da Universidade Villanova, nas que fixo unha media de 19,2 puntos e 4,0 rebotes por partido.[1] En 1966 foi elixido mellor xogador do National Invitation Tournament.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na décimo novena posición do Draft da NBA de 1966 polos Philadelphia 76ers, onde nas dúas tempadas que permaneceu no equipo limitouse a dar minutos de descanso aos bases titulares, Hal Greer e Wali Jones. A pesar diso, colaborou na súa primeira tempada con 4,3 puntos e 1,3 asistencias na consecución do anel de campións da NBA.

Antes do comezo da temporada 1968−69 non foi protexido polo seu equipo, e entrou no Draft de expansión pola incorporación de novos equipos á liga. Foi elixido polos Phoenix Suns, mais non chegou a xogar co equipo, pasando brevemente polos Trenton Colonials da CBA. Ao termo da tempada os Sixers recobraron os seus dereitos a cambio dunha futura segunda rolda do draft, con todo tampouco chegou a fichar polo seu exequipo, asinando como axente libre polos New York Nets da ABA.

Tras o seu errático paso pola NBA, sorprendeu que na liga do balón tricolor xogase a súa primeira tempada como titular indiscutible, achegando 15,2 puntos e 5,7 asistencias por partido. Mais a súa progresión continuou, e ao ano seguinte foi o segundo mellor anotador do equipo tras Rick Barry. Ademais, logrou ser o mellor pasador da liga, repartindo 8,3 asistencias por partido, algo que repetiría ao ano seguinte, levando ao seu equipo xunto a Barry ás Finais, onde caeron ante Indiana Pacers. Ambos foron incluídos no mellor quinteto da ABA.[2]

As dúas tempadas seguintes viñeron marcadas polas lesións, afectando as súas estatísticas.[3] A pesar diso colaborou con 5,3 puntos e 3,7 asistencias na consecución dei título de campións da ABA, derrotando a Utah Stars na final por 4-1. O seu xogo se vvió minguado nas seguintes tempadas, e mesmo na que sería a última da súa carreira compaxinou o posto de xogador co de adestrador asistente,[2] unha tempada que sería a última da historia da liga, e que acabaría cos Nets novamente campións, gañando a Denver Nuggets na final. Melchionni participou no último partido da historia da competición.[3] Pouco despois do seu adeus definitivo, a súa camiseta co número 25 foi retirada polos Nets como homenaxe.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bill Melchionni Statistics". The Draft Review (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Nets Retired Numbers". NBA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Remember the ABA: New York Nets". Remember the ABA (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]