Jerry Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jerry Lucas
Posición Ala-pivote / Pivote
Dorsal 16, 47, 32
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Nacemento 30 de marzo de 1940 (84 anos)
Estado de Ohio Middletown, Ohio
Carreira
Universidade Ohio State
NBA Draft 1962 / Elección: Territorial
Por Cincinnati Royals
Tempadas 19621974
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     14 053 (17,0 pp)
Rebotes     12 942 (15,6 pp)
Asitencias     2 732 (3,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Jerry Ray Lucas, nado o 30 de marzo de 1940 en Middletown, Ohio, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado como elección territorial do Draft de 1962 polos Cincinnati Royals (actuais Sacramento Kings), onde xogaría até 1969. No seu primeiro ano como profesional gaña o premio ao Rookie do Ano. Con todo, o seu maior éxito foi noutro equipo, xa que consegue facerse co anel de campión da NBA en 1973 cos New York Knicks. A nivel individual, tamén foron destacábeis as súas sete presenzas no All-Star, sendo nomeado mellor xogador do partido (MVP) en 1965. Tamén foi votado en 1996 como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador en 1980 e como parte do equipo olímpico de 1960, con quen conseguiu a medalla de ouro, en 2010.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Hayes en 1965.

Até 150 universidades pelexáronse por contar cos seus servizos, podendo elixir entre destacábeis programas deportivos como o de Kentucky, mais preferiu quedar preto de casa e elixiu a Universidade Estatal de Ohio. Levou á súa universidade a tres finais estatais consecutivas, gañando o campionato da NCAA en 1960. Nos seus tres anos universitarios foi elixido no mellor quinteto do país, grazas a unhas medias de 24,3 puntos e 17,2 rebotes por partido. En 1999, a revista deportiva Sports Illustrated incluíuno no "mellor quinteto universitario do século XX". Ohio State retirou na súa honra o seu dorsal número 11, sendo a primeira vez que o facía.

En 1960 formou parte do equipo nacional que conseguiu o ouro nos Xogos Olímpicos de Roma.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na sexta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1962 polos Cincinnati Royals como elección territorial. Porén, non debutou na NBA até o ano seguinte, despois dun breve paso pola desaparecida liga ABL. Foi nomeado Rookie do Ano na súa primeira temporada, e, nas dúas seguintes, fixo medias de máis de 20 puntos e 20 rebotes por partido, algo que soamente conseguira Wilt Chamberlain, sendo ademais o único ala en conseguir máis de 20 rebotes por partido nunha tempada.

Comezada xa a tempada 1969-70 foi traspasado aos San Francisco Warriors, para recalar un ano despois nos New York Knicks, cos que gañou o título en 1973, sendo o primeiro xogador da historia en gañar títulos en instituto, universidade, olimpíadas e profesionais. Retirouse en 1974.

Equipos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]