Billy Cunningham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Billy Cunningham
Posición Ala-pivote
Dorsal 32
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Nacemento 3 de xuño de 1943 (74 anos)
Estado de Nova York Brooklyn, Nova York
Carreira
Universidade North Carolina
NBA Draft 1965 / Rolda: 1 / Elección: 5

Por Philadelphia 76ers

Tempadas 19651976
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     13 626 (20,8 pp)
Rebotes     6 638 (10,1 pp)
Asistencias     2 625 (4,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

William John "Billy" Cunningham, nado o 3 de xuño de 1943 en Brooklyn, Nova York, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira entre a National Basketball Association (NBA) e a American Basketball Association (ABA). Drafteado no quinto posto da primeira rolda polos Philadelphia 76ers en 1965, Cunningham xogou na franquía de Pensilvania como ala e ala-pivote durante nove tempadas. Nos 76ers xogou durante a súa traxectoria na NBA, conseguindo o anel de campión en 1967. Durante os anos 1972 e 1974 deixou o seu equipo de toda a vida para xogar nos Carolina Cougars da ABA, competición rival da NBA.

Billy Cunningham, alcumado "Kangaroo Kid" (do inglés: o rapaz canguro) foi votado como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996 e admitido no Basketball Hall of Fame en 1986. Despois da súa retirada como xogador continuou como adestrador dos 76ers desde 1977 até 1985. Como técnico conseguiu un novo anel de campión en 1983. Como homenaxe o seu dorsal 32 está retirado polos Philadelphia 76ers.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Despois de demostrar as súa capacidade no instituto Erasmus Hall do seu Brooklyn natal, onde foi nomeado mellor xogador da súa liga, foi recrutado pola Universidade de North Carolina, onde conseguiu unhas estatísticas de 24,3 puntos e 15,1 rebotes, logrando fazañas tan destacadas como a de anotar 48 puntos nun único partido ou a de conseguir 27 rebotes noutro. Para a posteridade, posúe o record da súa universidade de rebotes nunha tempada, ao conseguir unha media de 16,1 por partido no seu segundo ano.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1965 polos Philadelphia 76ers, onde comezou actuando como "sexto home", gañando en pouco tempo un posto como titular e chegando ao seu máximo apoxeo na tempada 1969-70, onde alcanzou uns números de 26,1 puntos e 13,6 rebotes por partido. Gañou un título da NBA en 1967 cos Sixers, xogando xunto a grandes estrelas como Wilt Chamberlain ou Hal Greer.

En 1972 ficha por Carolina Cougars da ABA, a liga rival da NBA, onde permanece tempada e media, sendo elixido MVP (mellor xogador) da liga en 1973. Regresa posteriormente a Filadelfia, onde unha lesión obrígalle a retirarse con tan só 32 anos.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Fíxose co cargo de adestrador dos Sixers en 1977, construíndo un excelente equipo con xogadores da talla de Bobby Jones, Maurice Cheeks, Andrew Toney, Moses Malone e Julius Erving, o Dr. J., cos que conseguiu o título en 1983. É o adestrador que máis rapidamente chegou ás 200, 300 e 400 vitorias en toda a historia da NBA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]