Hórreo tipo Tui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O hórreo tipo Tui é un tipo de hórreo galego que se atopa nunha reducida zona nas proximidades de Tui, á beira dereita do río Miño. Coexiste con outras tipoloxías de hórreo de madeira ou mixtos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Ten unha cámara ancha e longa sostida por grosos esteos cadrados coroados por rateiras por parellas. Os panos da cámara están formados por doelas horizontais.

É moi singular a solución da cuberta, que ten dúas augas de igual pendente e acusado beiril, pero asimétricas. Un dos faldróns prolóngase sobre o costal contrario a aquel no que está a porta, ata sobresaír dous ou tres metros. Forma un alpendre que se sostén sobre pequenas tesoiras que descansan sobre unha trabe soportada por dous pés dereitos, que á súa vez están coroados por tornarratos tamén. Entre estes pés unha parede baixa pecha o espazo, que normalmente é utilizado para gardar a leña. Sobre os penais o beiril sobresae notablemente e vai sostido por escoras a modo de ménsula.

Construción[editar | editar a fonte]

A suspensión é resolta por esteos de pedra de sección notable, como de pedra son as rateiras que os coroan. Sobre eles vai a grade formada por catro trabes de madeira escuadradas, ensambladas nos extremos e pouco saíntes. As doelas que conforman os panos da cámara van cravadas en barrotes verticais numerosos e próximos uns aos outros.

O tellado é de tella cerámica curva soportada por un taboado de madeira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]