Saltar ao contido

Piorno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o arbusto semellante á xesta, ver artigo: Piorno (planta)

Hórreo tipo palleira ou piorno na provincia de Ourense.

O hórreo tipo palleira ou piorno é un tipo de hórreo galego que se estende por unha extensa área delimitada por unha liña que, pasando por Taboada, Chantada e Os Peares, une o fondo dos vales dos ríos Ulla e Limia, englobando toda a provincia de Pontevedra e parte das de Ourense e Lugo. Dentro desta área convive con outras tipoloxías de hórreo.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

É de pequeno tamaño. Ten unha cámara máis ben ancha e non moi alta que descansa sobre esteos de pedra de altura media con rateiras individuais, e só en excepcións vese sobre cepas de cachotería ou ten rateiras dobres. O teito é de tella a dúas augas, pero en zonas montañosas pode ser de xisto e mesmo de palla. Ten bastante beiril, especialmente sobre os costais. Non leva terminais, salvo excepcións. Polo xeral ten unha soa porta, que pode ir nun penal ou no centro dun costal, e non hai escaleira de fábrica que dea acceso a ela.

Construción

[editar | editar a fonte]

Os esteos están feitos de granito. A grade está formada por catro trabes de madeira ensambladas nos extremos e pouco sobresaíntes. O chan da cámara está formado por táboas sobre pontóns que están suxeitos ás trabes lonxitudinais da grade. O teito, normalmente de tella, descansa sobre unha armazón de madeira que vai suxeita á grade superior, que gravita sobre os puntais e que, á súa vez, descansan sobre a grade inferior, cada un sobre un esteo.

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]