Saltar ao contido

Hórreo tipo Salnés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hórreo tipo Salnés é un tipo de hórreo galego que se pode atopar en zonas da comarca do Salnés. A súa área de distribución está entre os ríos Umia e Lérez, a partir de Caldas de Reis e ata a altura de Meaño, compartindo espazo con outras tipoloxías.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Ten unha cámara máis ben baixa, ancha e especialmente longa. Descansa sobre esteos paralelepipédicos especialmente baixos, colocados máis próximos os uns aos outros do que é habitual. Teñen rateiras individuais cilíndricas e de bases planas. A cámara ten sempre doelas verticais e non está dividida en tramos en horizontal, pero si en terzos en vertical polas faixas que percorre os costais. O tellado, con pouca pendente e sen elementos terminais de adorno, ten dúas augas e forma pinches sobre os penais. Ten bastante beiril sobre os catro lados. A porta sitúase no centro do costal ou ben lixeiramente descentrada, non precisa escaleira de fábrica.

Construción

[editar | editar a fonte]

A suspensión consta de esteos de pedra de sección cadrada ou asimilable, coroados por rateiras do mesmo material. É característica especial deste tipo de hórreo o teren as vigas transversais da grade moi sobresaíntes polos laterais, de moita sección, de madeira normalmente e de pedra nos de feitura máis coidada. A cámara é sempre de madeira, tanto os panos como a estrutura. Os costais levan dúas faixas horizontais que cinguen as doelas. O teito é de tella curva cerámica sobre taboado de madeira.

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]