Saltar ao contido

Hórreo tipo Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hórreo tipo Carral na vila de Carral.

O hórreo tipo Carral é un tipo de hórreo galego que ten como área de extensión unha zona ovalada que vai dende Carral polo norte a Sigüeiro polo sur, correspondente ás mesetas de Mesía e Ordes. Comparte área con outras tipoloxías de hórreo.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

É un hórreo bastante ancho e de gran capacidade. A suspensión é alta sobre cepas, normalmente dúas, colocadas nos penais e rematadas por rateiras rectangulares. O tellado é a dúas augas con pouca pendente. Forma pinches sobre os penais, que son prolongación vertical das cepas e normalmente non están cubertos por sobrepenas. O beiril é escaso sobre os penais e máis xeneroso sobre os costais. A porta adoita ir no medio dun costal, sen escaleira de fábrica.

Construción

[editar | editar a fonte]

As cepas e os penais, formando unha soa peza, son normalmente de cachotería de granito en seco sen revocar e as rateiras de xisto de pouco grosor. Os costais están formados por doelas de madeira reforzados por faixas, que descansan sobre os bastidores que están suxeitos a dúas trabes longas e grosas. O tello é de tella cerámica curva.

  1. Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]