Gregorio Pedro XX Kaproyean
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Gregorio Pedro XX Kaproyean | |
---|---|
Patriarca da Igrexa católica armenia | |
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1934 en Alepo, República Siria |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 28 de marzo de 1959 |
Consagración episcopal | 17 de febreiro de 1977 |
Elixido patriarca | 24 de xullo de 2015 |
Catholicos-Patriarca de Cilicia | |
2015 - actualidade | |
Predecesor | Narsés Pedro XIX Tarmowni |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Gregorio Pedro XX Kaproyean[1] (en armenio: Գրիգոր Պետրոս Ի. Կապրոյեան, Grigor Petros I. Kaproyean (ISO 9985)), nado o 15 de novembro de 1934 en Alepo, é o 20º Catholicos-Patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 24 de xullo de 2015.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 15 de novembro de 1934 na comunidade armenia de Alepo (República Siria).
O 28 de marzo de 1959 foi ordenado sacerdote do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar.
O 3 de xaneiro de 1977 foi nomeado exarca apostólico de Francia e bispo titular de Amida dos Armenios. Co gallo da elevación da sé ao rango de eparquía, pasou a ser bispo da Santa Cruz de París. Retirouse o 2 de febreiro de 2013.
O 24 de xullo de 2015 foi elixido o 20º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O seu apelido tamén aparece como Ghabroyan e Gabroyan.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Karapet Amatowni |
Exarca apostólico de Francia 1977 - 1986 |
Sucesor: (elevación da sé) |
Predecesor: (elevación da sé) |
Bispo da Santa Cruz de París 1986 - 2013 |
Sucesor: Jean Teyrouz |
Predecesor: Narsés Pedro XIX Tarmowni |
Patriarca de Cilicia 2015 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |