Xoán Pedro XVIII Gasparean
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1927 O Cairo, Exipto |
Morte | 16 de xaneiro de 2011 (83 anos) Beirut, Líbano |
Causa da morte | doenza |
Bispo diocesano | |
5 de agosto de 1982 – ← Hmayeak Pedro XVII Ketikean Diocese: Armenian Catholic Archeparchy of Beirut (en) | |
2º Arcebispo católico | |
25 de febreiro de 1973 – ← Nersès Tayroyan (en) – Paul Coussa (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Exipto |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa Católica Armenia |
Educación | Universidade Pontificia Lateranense |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1973–), sacerdote católico (1952–) |
Lingua | Lingua árabe e Árabe exipcio |
Orde relixiosa | Congregação Patriarcal de Bzoummar (pt) |
Consagración | Ignacio Pedro XVI Patanean |
Xoán Pedro XVIII Gasparean[1] (en armenio: Յովհաննէս Պետրոս ԺԸ. Գասպարեան, Yovhannēs Petros ŽË. Gasparean), nado o 20 de xaneiro de 1927 no Cairo (Exipto) e finado o 16 de xaneiro de 2011, foi o 18º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 5 de agosto de 1982 até o 28 de novembro de 1998.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no Cairo o 20 de xaneiro de 1927.[3] Estudou no seminario de Bzumar (Líbano) rematando os estudos secundarios en 1946. Posteriormente estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana e Dereito canónico na Pontificia Universidade Lateranense, e o 13 de abril de 1952 foi ordenado sacerdote[4] do Instituto do Clero Patriarcal de Bzumar.
O 6 de decembro de 1972 foi nomeado arcebispo de Bagdad, e recibiu a ordenación episcopal o 25 de febreiro de mans do patriarca Ignacio Pedro XVI, tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Alepo Georges Layek e ao bispo de Alexandría Raphaël Bayan.
O 5 de agosto de 1982 foi elixido Patriarca de Cilicia, e o 9 de agosto o papa Xoán Paulo II concedeulle a comuñón eclesiástica. Xoán Pedro XVIII falaba varias linguas: armenio, árabe, turco, francés, italiano, castelán, latín e inglés.[3] Durante o seu pontificado tivo que facer fronte aos novos desafíos e retos orixinados por grandes cambios como o nacionalismo árabe, a guerra civil libanesa, a emigración armenia aos países de Occidente e, especialmente, a independencia de Armenia da URSS e a chegada da liberdade relixiosa ao país.[3]
Permaneceu no cargo até o seu retiro por problemas de saúde o 28 de novembro de 1998. En 2001 Xoán Paulo II nomeouno membro do Pontificio Consello para a Promoción da Unidade dos Cristiáns e do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso.[5] Finou o 16 de xaneiro de 2011 no Líbano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Kasparian. O seu nome é común tamén sen traducir (Hovhannes Bedros) ou traducido ao francés (Jean Pierre).
- ↑ Hage, Wolfgang (2007). W. Kohlhammer Verlag, ed. Das orientalische Christentum (en alemán). p. 485. ISBN 9783170176683.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Igrexa Católica Armenia (ed.). "La Biographie de: Ohannès Petros XVIII Kasparian". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2014. Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ Radio Vaticana, ed. (19 de xaneiro de 2011). "Հոգեհանգստեան Պատարագ՝ Ի Յիշատակ Յովհաննէս Պետրոս ԺԸ. Գասպարեան Վաստակաւոր Կաթողիկոս-պատրիարքին, Հռոմի Մէջ- Իտալիա։" (en armenio). Consultado o 3 de novembro de 2014.
Կուսակրօն քահանայ ձեռնադրուած է 13 Ապրիլ 1952ին։
- ↑ Libreria editrice vaticana, ed. (2001). L'Attività della Santa Sede. p. 29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Կենսագրութիւն Յովհաննէս Պետրոս ԺԸ. Գասպարեան, na páxina oficial da Igrexa Armenia (en armenio).
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Nersès Tayroyan |
Arcebispo de Bagdad 1972 - 1982 |
Sucesor: Paul Coussa |
Predecesor: Hmayeak Pedro XVII Ketikean |
Patriarca de Cilicia 1982 - 1999 |
Sucesor: Narsés Pedro XIX Tarmowni |