Hmayeak Pedro XVII Ketikean
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de outubro de 1905 Partizak, Armenia (en) |
| Morte | 28 de novembro de 1998 Bsumar, Líbano |
| 17º Patriarca católico armenio de Cilicia | |
| 3 de xullo de 1976 – 30 de maio de 1982 ← Ignacio Pedro XVI Patanean – Xoán Pedro XVIII Gasparean → | |
| Bispo diocesano | |
| 3 de xullo de 1976 – 30 de maio de 1982 ← Ignacio Pedro XVI Patanean Diocese: Armenian Catholic Archeparchy of Beirut (en) | |
| Arcebispo titular | |
| 3 de marzo de 1971 – Diocese: Chersonesus in Zechia (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1971–), sacerdote católico (1930–) |
| Orde relixiosa | Ordem Mequitarista (pt) |
| Consagración | Ignacio Pedro XVI Patanean |
Hmayeak Pedro XVIII Ketikean[1] (en armenio: Հմայեակ Պետրոս ԺԷ. Կետիկեան, Hmayeak Petros ŽĒ. Ketikean), nado o 2 de outubro de 1905 en Trebisonda (Imperio Otomán) e finado o 28 de novembro de 1998 en Bzumar (Líbano), foi o 17º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 3 de xullo de 1976 até o 30 de maio de 1982.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Trebisonda, no Imperio Otomán, o 2 de outubro de 1905. O 19 de outubro de 1930 foi ordenado sacerdote da Congregación Mequitarista de Venecia.
O 3 de marzo de 1971 foi nomeado arcebispo titular de Chersonesus in Zechia, e recibiu a ordenación episcopal o 30 de maio de mans do patriarca Ignacio Pedro XVI, tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Alepo Georges Layek e ao exarca apostólico de Francia Karapet Amatowni.
O 3 de xullo de 1976 foi elixido Patriarca de Cilicia. Permaneceu no cargo até o seu retiro o 30 de maio de 1982. Finou o 28 de novembro de 1998 no Líbano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O seu apelido aparece tamén como Ghedighian e Guedikian. O seu nome armenio é común tamén noutras grafías (Hemaiagh, Hemaiag, Hmayak) e o Pedro as veces ponse en armenio ou francés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Ignacio Pedro XVI Patanean |
Patriarca de Cilicia 1976 - 1982 |
Sucesor: Xoán Pedro XVIII Gasparean |