Estevo Pedro X Azarean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estevo Pedro X Azarean
Patriarca da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1826 en Constantinopla
Pasamento1 de maio de 1899 en Constantinopla
Ordes
Consagración episcopal23 de setembro de 1877, por Antón Pedro IX Hasownean
Elixido patriarca6 de xullo de 1881
Patriarca de Cilicia
1881 - 1899
PredecesorAntón Pedro IX Hasownean
SucesorPaulo Pedro XI Emmanowelean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Estevo Pedro X Azarean[1] (en armenio: Ստեփանոս Պետրոս Ժ. Ազարեան, Step’anos Petros Ž. Azarean (ISO 9985)), nado o 31 de decembro de 1826 en Constantinopla (Imperio Otomán) e finado o 1 de maio de 1899 na mesma cidade, foi o 10º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 6 de xullo de 1881 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Constantinopla o 31 de decembro de 1826.[2] Foi vigairo patriarcal, e durante o cisma de 1870 estivo no exilio xunto ao patriarca Hasownean.[2]

O 14 de agosto de 1877 foi nomeado arcebispo titular de Nicosia,[2] e recibiu a ordenación episcopal o 23 de setembro de mans do patriarca Antón Pedro IX.

O 6 de xullo de 1881 foi elixido patriarca de Cilicia,[2] Como patriarca elixido en circunstancias difíciles por mor do recente cisma, concovou un sínodo en 1890 para achegar as diferentes posicións e sanar as feridas na Igrexa Católica Armenia.[3] Tamén foi quen de aproveitar o traslado da sé patriarcal a Constantinopla, e no aniversario da ordenación sacerdotal de León XIII foi nomeado representante do sultán Abdul Hamid II.[3]

Permaneceu no cargo até a súa morte, o 1 de maio de 1899 en Constantinopla.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ecclesiae Armenae traditio de romani pontificis primatu iurisdictionis et inerrabili magisterio. Roma: Congregación para a Propagación da Fe. 1870. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu apelido tamén aparece como Azarian.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ernest Leroux, ed. (1899). "Chronique". Revue de l'Orient Latin (París) 7: 371. OCLC 760268585. 
  3. 3,0 3,1 Album commémoratif de la fondation du Couvent N.-D. de Bzoummar (en francés). Beirut: Fundación do Instituto Patriarcal de Bsumar; Match Print. 2001. p. 400. OCLC 48989048. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Antón Pedro IX Hasownean
 Patriarca de Cilicia 
1881 - 1899
Sucesor:
Paulo Pedro XI Emmanowelean