Karapet Amatowni
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de febreiro de 1900 Ankara |
| Morte | 14 de xaneiro de 1984 |
| Bispo titular | |
| 22 de xullo de 1960 – Diocese: diocese de Amatunte de Chipre | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1960–), sacerdote católico (1925–) |
| Membro de | |
| Consagración | Gregorio Pedro XV Aghachanean |
Karapet Amatowni[1] (en armenio: Կարապետ Ամատունի), nado o 16 de febreiro de 1900 en Angora e finado o 14 de xaneiro de 1984, foi un bispo católico armenio, exarca apostólico de Francia entre 1960 e 1971.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Karapet Amatowni naceu o 16 de febreiro de 1900 en Angora,[2] Imperio Otomán. O 8 de decembro de 1925 foi ordenado sacerdote.[2]
O 22 de xullo de 1960 foi nomeado exarca apostólico de Francia[2] e bispo titular de Amathus in Cypro. Recibiu a consagración episcopal o 18 de decembro,[2] de mans do patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XV Aghachanean.
O 15 de marzo de 1971 renunciou como exarca apostólico de Francia. Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 15 de setembro de 1973 converteuse nun un dos seus membros.[3] Finou o 14 de xaneiro de 1984.
Obra
[editar | editar a fonte]- L'Eglise arménienne et la catholicité: Précis historique et oecuménique. Venecia: T.L.A. 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Garabed Amadouni.
- 1 2 3 4 Annuario Pontificio per l’anno 1982 (en italiano). Cidade do Vaticano. 1982. p. 667.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: (creación da sé) |
Exarca apostólico de Francia 1960 - 1971 |
Sucesor: Grigor Kaproyean |