Paulo Pedro XII Sappaghean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulo Pedro XII Sappaghean
Patriarca da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1836 en Alepo
Pasamentoagosto de 1915 en Constantinopla
Ordes
Ordenación sacerdotalc. 1857
Consagración episcopal21 de novembro de 1901, por Paulo Pedro XI Emmanowelean
Elixido patriarca4 de agosto de 1904
Patriarca de Cilicia
1904 - 1910
PredecesorPaulo Pedro XI Emmanowelean
SucesorPaulo Pedro XIII Terzean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Paulo Pedro XII Sappaghean[1] (en armenio: Պօղոս Պետրոս ԺԲ. Սապպաղեան, Pòġos Petros ŽB. Sappaġean (ISO 9985)), nado o 12 de febreiro de 1836 en Alepo (Siria)[2] e finado en agosto de 1915 en Constantinopla, foi o 12º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 4 de agosto de 1904 até abril de 1910.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Alepo o 12 de febreiro de 1836.[2][3] Foi ordenado sacerdote arredor do ano 1857. Exerceu o seu ministerio pastoral sucesivamente en Urfa, Malatya e Al-Husn.[2] Posteriormente foi vigairo patriarcal en Xerusalén e Beirut.[2]

O 28 de agosto de 1901 foi nomeado bispo de Alexandría, en Exipto.[3] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Paulo Pedro XI o 21 de novembro do mesmo ano.[2]

O 4 de agosto de 1904 foi elixido patriarca de Cilicia,[3] cargo no que permaneceu até a súa renuncia en abril de 1910. Finou en Constantinopla en agosto de 1915.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu apelido tamén aparece como Sabbaghian, e ás veces non se traduce o seu nome, Poghos Petros / Boghos Bedros.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Relations d'Orient: Liban, Syrie, Egypte, Arménie (en francés). Imprimerie catholique. 1905. p. 149. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Annuario pontificio. 1910. p. 108. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Paulo Pedro XI Emmanowelean
 Patriarca de Cilicia 
1904 - 1910
Sucesor:
Paulo Pedro XIII Terzean