Abraham Pedro I Arçiwean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abraham Pedro I Arçiwean
Patriarca da Igrexa católica armenia
Biografía
Nacemento1679 en Aintab, Turquía
Pasamento1 de outubro de 1749 en Monte Líbano
Ordes
Consagración episcopal1710
Elixido patriarca26 de novembro de 1740
Catholicos-Patriarca de Cilicia
1740 - 1749
SucesorXacobe Pedro II
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Abraham Pedro I Arçiwean[1] (en armenio: Աբրահամ Պետրոս Ա. Արծիւեան, Abraham Petros A. Arçiwean (ISO 9985)), nado en Aintab o 12 de abril de 1674 e finado no Monte Líbano o 1 de outubro de 1749, foi o 1º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 26 de novembro de 1740 até o seu pasamento.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Aintab, hoxe chamada Gaziantep]], en Turquía.[3][4] Formado na escola do misioneiro Melkon Tazbazian, logo de ser ordenado sacerdote comezou o seu ministerio en Cilicia.[5] Co apoio do coadxutor Pedro II de Alepo, favorable á unión con Roma, foi elixido bispo de Alepo en 1710,[3][4] e consagrado polo mesmo Pedro II.[5][6] Traballou fortemente para achegar a moitos armenios, o que lle valeu a inimizade dos armenios gregorianos.[4]

En 1714 foi condenado a galeras xunto con Tazbazian por propagar a idea da unión con Roma, logo de que varios católicos armenios elixiran a Tazbazian como patriarca.[5] Logo de ser liberado, estivo na cadea na illa de Aruad entre 1719 e 1721, cando foi novamente liberado coa condición de non volver a Alepo.[4][5] Marchou ao Líbano, onde foi acollido polos maronitas e polo seu patriarca Xosé V, e participou na fundación do mosteiro do Santísimo Salvador da Orde dos Antonianos Armenios en Kraim-Rusta, onde residiu e permaneceu até 1739;[7][5][6] dende alí comunicábase cos seus seguidores, animándolles a perseverar, e dirixía a diocese por medio do seu vigairo Yakob Yovsepean.[7][5] Atraeu a moitos armenios dende Siria e outras rexións, entre eles aos bispos Estevo de Damasco e Serxio de Xerusalén.[7] O propio patriarca maronita Xosé V permitiu aos católicos armenios celebrar a misa nas igrexas maronitas e celebrar os demais sacramentos, o que certificou o 18 de novembro de 1733:[7][8]

Informamos aos nosos queridos cativos da Nación Maronita, que xa prohibíramos a todos os sacerdotes orientais oir confesión do noso rabaño, sen incluír aos misioneiros. Ademais, esta prohibición non afecta ao noso querido Irmán Abraham, o bispo armenio e os seus sacerdotes, que residen no convento do Salvador de Kreim. Teñen a autoridade para escoitar confesións, celebrar os Sagrados Misterios e predicar cando queiran, nas nosas igrexas. Debemos axudarlles pola súa sincera fidelidade á Igrexa romana, pola súa piedade, santidade e celo na salvagarda da Fe. Entregámoslles este certificado para rematar con toda contestación e eliminar calquera dúbida sobre eles. Desexamos que sexan honrados en todas partes e axudados polos nosos sacerdotes e fieis.

Os bispos armenios que vivían no Líbano empregaban a mesma vestimenta clerical que os prelados maronitas, e tamén as mesmas vestimentas litúrxicas.[9][7] O mesmo Arçiwean participou no concilio maronita de 1736, asinando as actas do mesmo xunto aos outros prelados.[10]

En 1738 as autoridades permitiron aos católicos armenios de Alepo ter unha igrexa propia, e tempo despois lles autorizaron a volta do seu bispo.[5] En 1739 Arçiwean volveu á súa diocese, onde consagrou xunto a dous bispos melquitas tres novos bispos católicos armenios, entre eles o mesmo Yosevpean.[5] Logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 foi elixido catholicos de Cilicia.[11][5][6][10][12] Abraham I viaxou a Roma, onde o papa Bieito XIV lle recibiu afectuosamente, concedéndolle o palio confirmándoo co título de "Catholicos-Patriarca de Cilicia" o 8 de decembro de 1742,[11][5][13][6][12] dándolle xurisdición sobre os católicos armenios de Cilicia e Armenia Menor.[14] Neste momento adoptou como segundo nome "Pedro", tradición mantida dende entón polos seus sucesores.[15][10] A súa elección foi resistida por unha parte do clero armenio que, aproveitando o seu viaxe a Roma, elixiu como catholicos a Miguel I.[11][13]

Por mor da oposición en Alepo, Abraham volveu ao Líbano, residindo no convento de Kraim.[13][5][6] Finou no Monte Líbano o 1 de outubro de 1749.[11][13][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu apelido tamén aparece como Ardzivian, Artzivian, Arziwian, Ardzivyan.
  2. Burgess, Michael (1995). Lords temporal and lords spiritual: a chronological checklist of the popes, patriarchs, katholikoi, and independent archbishops and metropolitans of the autocephalus monarchical churches of the Christian East and West. Borgo Press. p. 99. ISBN 9780893703264. 
  3. 3,0 3,1 Vernier 1891, p. 303.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Raphael 1946, p. 38.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 Album commémoratif de la fondation du Couvent N.-D. de Bzoummar. Match Print. 2001. p. 396. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mislin, Jacopo (1858). "Capitolo X. Da Diman a Bzommar". I Luighi Santi: pellegrinaggio a Gerusalemme. pp. 347–348. L'ultimo patriarca (sic) cattolico che risedette in Cilicia fu Pietro Bizacco, il quale, nel 1710, consacrò arcivescovo d'Aleppo un confessore della fede chiamato Abramo [...] I vescovi cattolici [...] promossero al seggio patriarcale quel medesimo arcivescovo d'Aleppo [...] Abramo si recò a Roma, nel 1742, diettro all'invito di Benedetto XIV, e ricevè dalle mani di esso il pallio [...] il patriarca venne a stabilirsi nel Libano, a Crem, convento fabbricato vent'anni prima da alcuni armeni cattolici che si erano sottratii alle persecuzioni, e fu bene accolto da i Maroniti [...] 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Raphael 1946, p. 39.
  8. We inform our dear children of the Maronite Nation, that we have already forbidden all the Oriental priests to hear confession of our flock, Missionaries are not included. Moreover this prohibition does not reach our dear Brother Abraham, the Armenian bishop and his priests, who abide in the Saviour's Convent of Kreim. They have the authority to hear confession, celebrate the Holy Mysteries and preach at any time they like, in our Churches. We ought to help and assist them due to their sincere loyalty to the Roman Church, for their piety, saintliness and their zeal to safeguard the Faith. We deliver to them this certificate to cut short all contestation and uproot all doubt concerning them. We desire that they should be honored everywhere and aided by our priests and flock.
  9. Isto se mantivo até 1867, coa elección do patriarca Hasownean, que tivo como sé Constantinopla.
  10. 10,0 10,1 10,2 Raphael 1946, p. 40.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Vernier 1891, p. 304.
  12. 12,0 12,1 12,2 Kiwlēsērean, Babgēn (1970). The Armenian Church. AMS Press. pp. 43–44. ISBN 9780404029494. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Raphael 1946, p. 41.
  14. Spitz 1923, p. 156.
  15. Flinn, Frank K. (2007). Encyclopedia of Catholicism. Infobase Publishing. p. 61. ISBN 9780816075652. He took the name Abraham Pierre I, and his successors continue to add Pierre (or Bedros in Armenian) as part of their episcopal title. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Raphael, Pierre (1946). The Role of the Maronites in the Return of the Oriental Churches. United Printing Company. 
  • Spitz, Maternus (1923). "The Uniat Armenian Church". The Ecclesiastical Review. Volume 68 (xaneiro-xuño de 1923): 147–160. 
  • Uluhogian, Gabriella (1983). "Abraham Petros Ardzivian, primo patriarca armeno-cattolico". Studi e Ricerche sull'Oriente Cristiano 6 (1): 3–17. ISSN 0394-0616. 
  • Vernier, Donat (1891). "Rétablissement du patriarcat catholique en Arménie". Histoire du Patriarcat arménien catholique. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Lucas I Ajapahean
(non en comuñón coa Santa Sé)
 Catholicos-Patriarca de Cilicia 
1740 - 1749
Sucesor:
Xacobe Pedro II Yovsepean