Avedis Pedro XIV Arpiarean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Avedis Pedro XIV Arpiarean
Patriarca da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento13 de abril de 1856 en Eğin, Imperio Otomán
Pasamento26 de outubro de 1937 en Bsumar, Líbano
Ordes
Ordenación sacerdotalmarzo de 1884
Consagración episcopalnovembro de 1890, por Estevo Pedro X Azarean
Elixido patriarca9 de outubro de 1931
Patriarca de Cilicia
1931 - 1937
PredecesorPaulo Pedro XIII Terzean
SucesorGregorio Pedro XV Aghachanean
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Avedis Pedro XIV Arpiarean (en armenio: Աւետիս Պետրոս ԺԴ. Արփիարեան, Awetis Petros ŽD. Arp’iarean), nado o 13 de abril de 1856 en Eğin (Imperio Otomán) e finado o 26 de outubro de 1937 en Bsumar (Líbano), foi o 14º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 9 de outubro de 1931 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Eğin, actual cidade turca de Kemaliye. En marzo de 1884 foi ordenado sacerdote e o 23 de setembro de 1890 foi nomeado bispo de Harput. Recibiu a ordenación episcopal en novembro de mans do patriarca Estevo Pedro X.

O 29 de abril de 1898 foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Cilicia, e arcebispo titular de Anazarbus. O 27 de agosto de 1911 foi nomeado arcebispo de Marasc, e o 25 de xuño de 1928 foi novamente trasladado como arcebispo auxiliar á curia patriarcal. O 9 de outubro de 1931 foi elixido patriarca de Cilicia, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en Bsumar (Líbano), o 26 de outubro de 1937.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Paulo Pedro XIII Terzean
 Patriarca de Cilicia 
1931 - 1937
Sucesor:
Gregorio Pedro XV Aghachanean

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]