Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean
Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean | |
---|---|
Patriarca da Igrexa Católica Armenia | |
Biografía | |
Pasamento | 9 de xaneiro de 1866 |
Ordes | |
Elixido patriarca | 17 de xullo de 1843 |
Patriarca de Cilicia | |
1843 - 1866 | |
Predecesor | Xacobe Pedro VII Holasean |
Sucesor | Antón Pedro IX Hasownean |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean[1] (en armenio: Գրիգոր Պետրոս Ը. Տէր Աստուածատուրեան, Grigor Petros Ë. Tēr Astowaçatowrean (ISO 9985)), finado o 9 de xaneiro de 1866, foi o 8º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 17 de xullo de 1843 até o seu pasamento.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi director do seminario de Bsumar e vigairo patriarcal. O 17 de xullo de 1847 foi elixido patriarca de Cilicia logo da morte de Xacobe Pedro VII Holasean.
Durante o seu pontificado convertéronse moitos armenios ao catolicismo, polo que o patriarca dirixiu os seus esforzos á atención pastoral dos seus fieis, construíndo igrexas, capelas e escolas, e tratando de mellorar a formación dos seminaristas. En 1853 convocou por primeira vez un sínodo en Bsumar, onde se tomaron decisión nos ámbitos litúrxico, pastoral e canónico. Durante o sínodo o patriarca ordenou cinco novos bispos.
Finou no cargo o 9 de xaneiro de 1866.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Xacobe Pedro VII Holasean |
Patriarca de Cilicia 1843 - 1866 |
Sucesor: Antón Pedro IX Hasownean |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O seu apelido tamén aparece como Der-Asduazadrian.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vernier, Donat (2012). Hachette Livre, ed. Histoire du Patriarcat arménien catholique (Ed.1891).