Gran Premio de Austria de 1998
Nome oficial | XXII Grosser Preis von Österreich |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Austria |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
Localización e Datas | |
Localización | A1-Ring (Spielberg) 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.219722222222, 14.764722222222 |
Lonxitude | 4,318 km |
País | Austria |
Data | 26 de xullo de 1998 |
Competición | |
Primeiro posto | Mika Häkkinen |
Pole position | Giancarlo Fisichella |
Volta máis rápida | David Coulthard |
O Gran Premio de Austria de 1998 (oficialmente o XXII Großer Preis von Österreich) foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 26 de xullo de 1998. Foi a décima carreira da tempada de Fórmula Un de 1998, o 22º Gran Premio de Austria o vixésimo que se celebrou en Österreichring. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de 4´326 quilómetros para unha distancia total de carreira de 307 quilómetros.
Unha sesión de cualificación en seco e mollado deu lugar a unha orde mixta, con Giancarlo Fisichella logrando primeira pole position da súa carreira. A carreira de 71 voltas gañouna Mika Häkkinen para McLaren, co seu compañeiro de equipo David Coulthard recuperándose para terminar segundo, participando en dúas colisións durante a carreira, Michael Schumacher terminou terceiro para Ferrari.
Informe
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]Foi unha grella infrecuente debido a unha clasificación que comezou sobre unha pista mollada que se secou cara ao final, con Fisichella logrando a súa primeira pole con Alesi xunto a el no Sauber.
Carreira
[editar | editar a fonte]Ao comezo Häkkinen conseguiu unha brillante fuga para liderar na primeira curva, pero detrás del houbo un grande accidente cando varios coches chocaron na primeira curva, co coche de Takagi terminando encallado, Olivier Panis no Prost nin sequera saíu da liña por un fallo no embrague.
Na segunda curva ocorreu outro accidente con ambos pilotos de Arrows chocando, desprazando a David Coulthard no proceso, golpeando a súa á despois de que o escocés cualificara nun discreto 14º posto.
Coulthard puxo un novo morro pero, por sorte, para el se despregou un coche de seguridade debido a limpeza de todos os restos das colisións e Coulthard conectou coa parte posterior do grupo.
No reinicio, Häkkinen volveu a liderar con Schumacher xusto detrás del, Schumacher intentou pasar a Häkkinen pero correronaá par, permitindo acercarse a Fisichella no Benetton e a Rubens Barrichello no Stewart.
Desafortunadamente para Barrichello, abandonou pouco despois con problemas de freos, mentres que Schumacher volveu pasar a Fisichella e de novo partiu tras Häkkinen.
A carreira de Schumacher xa estaba condicionada por unha estratexia de dúas paradas, e Häkkinen só ía farcer unha, pero o peor foi cando Schumacher se abriu rebotando violentamente nunha trampa de grava e arrancou a súa á dianteira. Foi capaz de volver aos boxes e motar unha á nova, pero cando se reincorporour, tiña case unha volta perdida. Case ao mesmo tempo, Frentzen no Williams tivo un fallo no motor que se incendiou, por sorte logrou saír sen problemas.
A hora dos afeccionados continuou cando Fisichella e Alesi chocaron e ambos se retiraron na segunda curva, que deixou a remontada de Coulthard pola pista moito máis fácil. Michael Schumacher tamén remontaba, pero tivo moitos problemas para pasar ao seu irmán Ralf no Jordan, volta tras volta o seu irmán negouse a ceder antes de que Michael o deixara clavado.
Michael Schumacher comezou a acercarse a Eddie Irvine, o seu compañeiro de equipo, pero Irvine desacelerou, despois dixo que debeuse a un fallo nos freos, pero moitas persoas na pista sospeitaban que se lle pediu que se deixara pasar polo seu líder de equipo.
Häkkinen logrou unha fácil vitoria, co seu compañeiro de equipo Coulthard nun excelente segundo dposto espois de ser o último no inicio; Michael Schumacher tomou o terceiro posto axudado polo seu compañeiro Eddie Irvine
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]- Esta foi a derradeira pole position de Benetton na Fórmula 1
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
|
|
- Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1997 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1999 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1998 Austrian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 1998 |