Gorgosauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorgosauro
Rango fósil: Cretáceo superior
Esqueleto de gorgosauro no Museo dos Nenos de Indianápolis.
Esqueleto de gorgosauro no Museo dos Nenos de Indianápolis.
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Familia: Tyrannosauridae
Xénero: Gorgosaurus
Lambe, 1914
Especies
  • G. libratus (Tipo)
    Lambe, 1914

O gorgosauro (Gorgosaurus, "lagarto feroz" do grego antigo γοργος/gorgos, "feroz" ou "terrible" e σαυρος/saurus, "lagarto"[1]) é un xénero de dinosauro terópodo Tyrannosauridae que viviu no que hoxe é o oeste de América do Norte durante o Cretáceo superior, entre hai 77 e 74 millóns de anos. Os seus restos fósiles atopáronse na provincia canadense de Alberta e posiblemente no territorio estadounidense de Montana. Os paleontólogos recoñecen unicamente a especie tipo, G. libratus, malia que outras especies estiveron atribuídas erroneamente a este xénero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liddell, Henry G.; & Scott, Robert (1980). Greek-English Lexicon (Abridged ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-910207-4.