Con todo, cabe considerar que o ser humano, aínda que orixinalmente herbívoro e preeiro, chegou a ser o superpredador máis poderoso do planeta. Esta consideración, pode ser discutible dende o momento no que o home é omnívoro e non exclusivamente carnívoro, e ademais a súa natureza, papel e comportamento difiere dos do resto de especies: grazas á súa liberdade de elección e a súa capacidade para transformar e recrear a contorna, non ocupa un nicho especializado dentro de ningún ecosistema concreto, como si acontece con tódalas demais especies, sexan superpredadores ou non.