Saltar ao contido

Gerard Valentín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGerard Valentín
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Avinyonet de Puigventós, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
2012–2013 Sevilla FC C 22(1)
2013–2014 Unió Esportiva Olot 24(0)
2014–   Gimnàstic de Tarragona
Familia
PaiAlbert Valentín i Escolano Editar o valor en Wikidata
IrmánsPol Valentín Sancho Editar o valor en Wikidata

Gerard Valentín Sancho, nado en Avinyonet de Puigventós (Xirona) o 28 de xullo de 1993, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Huesca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Albert Valentín Escolano, futbolista que xogou en Segunda División co Barcelona Atlético e coa UE Figueres, e irmán do tamén futbolista Pol Valentín.[1]

Formouse nas categorías inferiores da UE Figueres e pasou a súa etapa de xuvenil no Girona FC e o seu primeiro ano de afeccionado no Sevilla. En 2013 debutou en Segunda B como futbolista da UE Olot.

En 2014 o Nàstic e a UE Olot chegaron a un acordo polo traspaso dos seus dereitos federativos, firmando un contrato de dos anos coa entidade tarraconense. En 2016 renovou o seu contrato ata xuño de 2019.[2] Xogou un total de 75 partidos co Nástic.

O 12 de xullo de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña por catro temporadas.[3] No club coruñés non dispuxo apenas de minutos e o 15 de xaneiro de 2019 anunciouse a súa cesión ata o remate da tempada ó CD Lugo.[4] O 12 de agosto de 2019, anunciouse unha nova cesión do xogador ó Lugo, desta vez para a tempada 2019-20.[5] O 14 de setembro o Lugo anunciou a fichaxe do xogador en propiedade cun contrato por dous anos.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]