Galo Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galo Salinas Rodríguez»)
Infotaula de personaGalo Salinas Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalXosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1852
A Coruña
Morte1 de outubro de 1926
A Coruña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoxornalismo, drama, poesía, ensaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Galiciana: 7962

Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, nado na Coruña o 14 de marzo de 1852 e finado na mesma cidade o 1 de outubro de 1926[1], foi un galeguista e escritor en lingua galega e castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1864, con doce anos de idade, emigrou a Montevideo (Uruguai), onde atopou un traballo de comerciante. No seu retorno a Galiza, en 1876, Galo Salinas estableceuse na vila de Pontedeume, onde exerceu o maxisterio. Posteriormente deixou a profesión de mestre para traballar de xornalista na súa cidade natal, A Coruña. Alí dirixiu a Revista Gallega, que representaba a banda máis radical do rexionalismo coruñés[2], e entrou en contacto cos intelectuais da Cova Céltica.

En 1903 pasou a dirixir a Escola Rexional de Declamación, fundada recentemente por un grupo de rapaces liderado por Eduardo Sánchez Miño. De feito, a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática foi ¡Filla...! (1892) de Galo Salinas. As súas loitas de poder con Manuel Lugrís Freire propiciaron que Salinas abandonara a dirección da Escola Rexional de Declamación en 1904.

Foi a primeira persoa que ocupou o cargo de arquiveiro/bibliotecario da Real Academia Galega desde o 4 de setembro de 1905 [3] ata o 30 de xuño de 1907[Cómpre referencia][4]. Marchou despois a Madrid, onde foi chanceler da legación uruguaia[5][6] até a súa xubilación.

Prolífero escritor dramático, a el débese o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo (1896), verquido en 1998 á lingua galega por Laura Tato.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

¡Lenda de horrore! de Galo Salinas
  • "O Hino Popular Regional" (1893).
  • ¡Lenda de Horrore! A Mitra de Ferro Ardente (1894) (versión da lenda da coroa de fogo).
  • ¡Galicia! (1894).

Drama[editar | editar a fonte]

  • A torre de Peito Burdelo (1891). Reeditada en 2021 por Morgante, ISBN 978-84-15166-96-2, con introdución e notas de Héitor Mera.
  • ¡Filla...! (1892).
  • Sabela (estreado en 1903).
  • A Fidalga (1904).
  • A Campán (Honor Golfesco) (1904).
  • Alma Gallega (1904).
  • Feromar (estreado en 1907).
  • Bodas de Ouro (1921).
  • Entre Dous Mundos (1921).
  • Copas e Bastos (estreada en 1922).
  • Entre o Deber e o Querer (estreada en 1923).
Drama sen data coñecida
Serie de imaxes da estrea de ¡Filla...!, 1903.
  • Contrabando e Contrabanda
  • O Crime da Silveira
  • Vós e Nós
  • Os Meus Amores
  • ¡Coida Non cho Leven!

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El Regionalismo Gallego. Estudio Social (1892).[7]
  • Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo (1896).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Orzán, 2-10-1926, p. 2.
  2. Durán, J.A. (Julio-Septiembre 1973). "Agrarios del minifundio: los solidarios (1907-1912)". Revista Española de la Opinión Pública (33): 23–110. 
  3. Real Academia Gallega (20 de maio de 1906). "Constitución de la Academia". Boletin de la Real Academia Gallega (1): 3–6. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. Real Academia Gallega (20 de xullo de 1907). "Junta Ordinaria del 12 de Julio de 1907". Boletín de la Real Academia Gallega (14). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  5. Rodríguez González, Eladio (1926). "Letras de luto : D. Galo Salinas Rodríguez.". Boletín da Real Academia Galega (188). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  6. "Un nombramiento". La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra (5196). 6 de xuño de 1907. 
  7. El Regionalismo Gallego. Estudio Social Arquivado 10 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
  8. Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo Arquivado 10 de agosto de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Cargo novo
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
1905-1907
Sucesor:
César Vaamonde Lores