Fuendetodos
Coordenadas: 41°20′29″N 0°57′34″O / 41.34139, -0.95944
Fuendetodos | |
---|---|
![]() | |
Estatua de Goya en fronte da súa casa natal | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | Zaragoza |
Comarca | Campo de Belchite |
Xeografía | |
Altitude | 750 msnm |
Superficie | 62,20 km² km² |
Demografía | |
Poboación | 126 hab. (2016) |
Densidade | 2,03 hab./km² |
Xentilicio | Fuendetodino, na |
Outros datos | |
Código postal | 50142 |
Alcalde | Enrique Salueña Mateo (CA) |
Páxina oficial |
Fuendetodos é un concello español da provincia de Zaragoza na comunidade de Aragón. Coñécese sobre todo porque nunha das súas casas naceu o pintor Francisco de Goya no ano 1746.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome desta vila débese á Fuente Vieja (a fonte de todos) e nun principio chamouse Fuentedetodos. Dende o século XIV, a vila era dominio da familia Fernández de Heredia, coñecidos como Condes de Fuentes.
Economía[editar | editar a fonte]
A poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura de secaño e á gandería de ovino e caprino. Durante séculos, as canteiras de pedra caracoleña, exclusiva de Fuendetodos e a industria do xeo (chegou a haber 22 "neverones" ou neveiras que vendían o xeo principalmente ós mercados zaragozanos) achegaron importantes ingresos á vila. Hoxe en día adquiriu maior importancia a produción de enerxía eólica e sobre todo os servizos derivados do turismo (20 000 visitantes anuais).
Xeografía[editar | editar a fonte]
Boa parte do concello está cuberto por piñeiro carrasco (Pinus halepensis), conservado por pertencer durante séculos ós Condes de Fuentes, pasando despois a propiedade municipal. Carrascas ou aciñeiras salpicadas polas serras atestiguan presenza previa do carrascal, con bosques caducifólios de lodoeiros, pradairos de montpellier e terebintos, nos que poden atoparse cinco especies de fentos.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Casa natal de Goya e o Museo do Gravado[editar | editar a fonte]
A casa onde naceu o pintor español foi construída a comezos do século XVIII. A poucos metros estableceuse o Museo do Gravado, inaugurado en 1989, onde se exhibe a obra gráfica de Goya e todo o relacionado coas técnicas de gravado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |