Agricultura de secaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Secaño»)
Agricultura de secaño na provincia de Granada (España)
Campos en Palouse (Estados Unidos)

A agricultura de secaño ou agricultura de sequeiro é aquela na que o ser humano non contribúe con auga, senón que utiliza unicamente a que provén da choiva directamente sobre os cultivos.

Historia e evolución[editar | editar a fonte]

É a máis próxima á simple recolección, e posiblemente é o primeiro tipo de agricultura que existiu. Inicialmente era a única que podía facerse sen grandes infraestruturas, e chegou ata a actualidade, aínda que moi evolucionada tecnicamente.

Actualmente, aínda que non haxa achega de auga, utilízanse fertilizantes e outros agroquímicos (herbicidas, funxicidas etc) e tamén maquinaria moi evolucionada e adaptada a cada tipo de cultivo.

Cultivos de secaño[editar | editar a fonte]

Algúns cultivos de secaño típicos do Mediterráneo son:

A triloxía mediterránea baséase precisamente no cultivo de trigo, oliveiras e vide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]