Saltar ao contido

Tauste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTauste
Imaxe

Localización
Mapa
 41°55′13″N 1°15′17″O / 41.9203, -1.2547
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
Provinciaprovincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalTauste Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.838 (2025) Editar o valor en Wikidata (16,87 hab./km²)
Adeallocabezones Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie405,232562 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude267 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataMiguel Ángel Francés Carbonel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50660 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE50252 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtauste.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454599

Tauste (Taust en lingua aragonesa) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, pertencente á comarca das Cinco Villas e ao partido xudicial de Ejea de los Caballeros. Desde o punto de vista eclesiástico, pertence á diocese e arquidiocese de Zaragoza.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O termo municipal ten 405 km². A capital, situada a 267 metros de altura, está a 42 km da capital, Zaragoza. É a máis meridional das Cinco Vilas de Aragón e atópase situada na marxe esquerda do río Arba próximo á súa desembocadura no río Ebro. Limita ao norte con Ejea de los Caballeros e Castejón de Valdejasa. Ao sur co río Ebro, Gallur e Pradilla de Ebro. Ao leste con Zaragoza e Remolinos. E ao oeste coas Bardenas de Navarra.

As súas orixes son difíciles de precisar e aínda que existen numerosos restos de distintas épocas, non dispomos de datos ata o século VIII.

O núcleo primitivo da vila, cun trazado de rúas estreitas, tortuosas e ruelas sen saída recórdanos a súa orixe árabe. En 1105, Afonso I incorporouna ao Reino de Aragón tras a súa reconquista, pero o empuxón definitivo para a súa consolidación e desenvolvemento produciuse coa concesión dunha Carta de Poboación que propiciou a súa primeira expansión urbana ao favorecer o asentamento no lugar de novos poboadores, atraídos polas condicións fixadas no documento.

Nos séculos posteriores construíronse os seus edificios máis senlleiros: a torre e igrexa de Santa María, as igrexas de San Antón e San Miguel, o mosteiro de San Jorge e o santuario da Virxe de Sancho Abarca.

Xa no século XIII sangrouse o río Arba e pouco despois iniciouse a construción do Canle de Tauste, dando orixe a unha das canles de rega máis antigas do país. Deste xeito, os momentos de maior auxe económico e crecemento demográfico déronse no Renacemento. A vida viraba ao redor dunha potente gandería lanar, organizada en torno a Casa de Gandeiros, e a unha agricultura en auxe polo movemento roturador e o avance do regadío.

Ao longo do século XX dáse o despregamento definitivo. En 1954 aprobouse o Plan Xeral de Colonización de Bardenas e creáronse dúas pequenas aldeas no termo de Tauste: Sancho Abarca, Santa Engracia e Ejea de los Caballeros. Nos últimos anos estase dando un forte desenvolvemento en todos os sentidos. Nos Polígonos instaláronse novas empresas e seguen latentes as expectativas de desenvolvemento agrícola coa posta en marcha da segunda parte do Plan Bardenas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica do municipio de Tauste
19001920194019601981199019951998
Poboación4.6305.7816.2146.6347.0487.2127.0306.998
19992000200120022003200420052006
Poboación6.9776.9326.9787.2077.2477.2897.4127.503