Litago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación en Aragón da comarca de "Tarazona y el Moncayo", na que se localiza Litago

Litago é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca de Tarazona y el Moncayo. A súa poboación era de 195 habitantes en 2004 (INE) nunha superficie de 15,41 km², o que lle outorgaba unha densidade de poboación de 12,65 hab/km². Dista 85 km da capital provicial.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está localizado no centro-leste da comunidade autónoma, no Somontano do Moncayo, a 781 metros de altitude.

Nome[editar | editar a fonte]

A terminación -ago do nome é unha evolución de -acum, sufixo tamén empregado en galorromano, e serve para derivar o nome dunha propiedade a partir do onomástico do seu dono; de xeito que ten o mesmo valor aproximado que o -anum hispanorromano. A presenza de topónimos en -acum en Hispania (Lechago, Sayago, Vidago) é interpretada de formas diferentes e algúns autores cren que pode ser explicado por un substrato celta.

Festas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.