Almonacid de la Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 41°16′44.86″N 0°47′31.34″O / 41.2791278, -0.7920389

Almonacid de la Cuba
Bandeira de Almonacid de la Cuba Escudo de Almonacid de la Cuba
Bandeira Escudo
Almonacid de la Cuba presa romana 63781ddrawGL.jpg
Vista da presa cos piares da estrada CV-645
País España España
• Com. Autónoma Aragón Aragón
• Provincia Zaragoza
• Comarca Campo de Belchite
Localización  
• Altitude 488 msnm
• Distancia A Zaragoza, 55 km
Superficie 55,05 km²
Poboación 261 hab. (2016)
• Densidade 4,74 hab./km²
Xentilicio Almonacilos, as
Fuso horario CET
Código postal 50133
Pref. telefónico 976
Alcalde (2012) José Enrique Martínez Marco
(PAR)
Festas maiores 16 de agosto
Patrón San Roque
Sitio web almonaciddelacuba.org

Almonacid de la Cuba (en aragonés: Almonecir de la Cuba) é unha localidade e concello da comarca de Belchite na provincia de Zaragoza. Limita con Belchite, La Puebla de Albortón, Fuendetodos, Azuara, Letux e Lécera.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome vén da cuba, a presa construída polos romanos no século I da era actual para o aproveitamento do río Aguas (ou río Aguasvivas) afluente do río Ebro e que se segue a empregar a día de hoxe, e sobre a que pasa a estrada CV-645.

O nome de Almonacid vén dun mosteiro da época visigótica, do latín MONASTERIUS a través do mozárabe, como o catalán monestir pero co paso de ST a Z como en Caesaragusta -> Zaragoza.

En fontes musulmás é mencionado como hisn al-Munastir (Al-Udri) ou hisn Bani Jattab (Yakut). En fontes cristiás aragonesas o nome tivo as variantes Almonacir, Almoneçir, Almoniçin e Almonazid. O apodo "de la Cuba" existe xa en 1383. En 1441 aparece Almonecir de la Cuba en un texto sobre unha controversia polos décimos. Sae no Fogache de 1495 como Almonecir de la Cuba.

Historia[editar | editar a fonte]

Al Udri dá unhas informacións interesantes sobre hisn al-Munastir que permiten unha correcta identificación nun texto escrito en árabe:

Entre los districtos de Zaragoza ye lo districto de Balsar, a on se troba lo hisn al-Munastir, que se diz Sudd Bani Djattab. N'este districto bi ha una fuent que da augua en abundancia y tien una entibadera. Quan los habitadors quieren soltar l'augua, la sueltan y quan quieren entibar-la la entiban y no corre. Asinas lo disposoron los antigos y facioron correr l'augua a traviés d'una penya foradada pa entibar-la u fer-la correr. Ye a trenta millas de la ciudat de Zaragoza.

Yakut expón con brevidade que:

Balsand ye un nahiya de Zaragoza, en Al-Andalus. Bi ha un hisn dito Bani-Djattab.

Crese que Almonacid de la Cuba foi conquistado en 1117/1118 por Afonso I de Aragón. Existen referencias escritas ao entibo do río dende 1163, na época do rei Afonso II de Aragón. Existiron dúas probas de expulsión da comunidade musulmá, a primeira, de Ximeno Cornel, que errou, e a segunda, de Pedro Férriz de Sesé, que puido poboar o lugar con cristiáns en 1323 (e mesmo, ata outros autores, antes de 1323).[1]

O monte do Lobo foi unha importante posición da artillaría Republicana durante a batalla de Belchite (1937, no marco da Guerra Civil Española). Está localizado a 2 km ao leste de Almonacid de la Cuba. As covas foron conservadas e están abertas para visitar.

Presa romana[editar | editar a fonte]

A presa romana de Almonacid de la Cuba é a de maior altura de todo o Imperio Romano. Mide 120 de lonxitude, 34 de altura e 27 de anchura, cunha capacidade para 6 000 000 m³ de auga. Empregábase para fornecer auga á poboación e para uso agrícola nunhas 7.000 hectáreas.

Foi construída pola localidade romana de nome descoñecido que existía no actual poboado de Cabezo de Nuestra Señora del Pueyo de Belchite (quizais a antiga Beligio). A presa formou parte do sistema hidráulico construído polos romanos para o cultivo na zona do val do Ebro[2].

Demografía[editar | editar a fonte]

Variación demográfica do concello entre 1991 e 2012
2012 2010 2008 2004 2001 1996 1991
252 280 299 306 325 355 381

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en castelán) Historia de Aragón, dirixida por Eloy Fernández Clemente, La Esfera de los Libros, Madrid, 1ª edición, ISBN 978-84-9734-722-8, páx. 266.
  2. PRESA ROMANA DE ALMONACID DE LA CUBA catedu.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]