Saltar ao contido

Fucoxantina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fucoxantina
C₄₂H₅₈O₆ Editar o valor en Wikidata
Estrutura química
 Instancia de
 Composto por
Propiedades xerais
 Masa
658,423339576 Da Editar o valor en Wikidata
Propiedades estruturais
 SMILES canónico
CC(=CC=CC=C(C)C=CC=C(C)C(=O)CC12C(CC(CC1(O2)C)O)(C)C)C=CC=C(C)C=C=C3C(CC(CC3(C)O)OC(=O)C)(C)C Editar o valor en Wikidata
 SMILES isomérico
CC(=O)O[C@H]1CC(C)(C)C(=C=C\C(=C\C=C\C(=C\C=C\C=C(/C)\C=C\C=C(/C)\C(=O)C[C@@]23O[C@]2(C)C[C@@H](O)CC3(C)C)\C)\C)[C@](C)(O)C1 Editar o valor en Wikidata
 Estereoisómero de
Identificadores
MeSHC025164 Editar o valor en Wikidata
Número CAS3351-86-8 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider21864745 Editar o valor en Wikidata
UNII06O0TC0VSM Editar o valor en Wikidata
ChEBI5186 Editar o valor en Wikidata
Beilstein6580822 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
KEGGC08596 Editar o valor en Wikidata
CE686-524-6 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB15462 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A fucoxantina (/ks/) é unha xantofila ou pigmento carotenoide amarelo, cuxa fórmula é C42H58O6. Atópase como pigmento accesorio nos cloroplastos das algas pardas e da maioría dos restantes heterocontas, dándolles a súa cor castaña ou verde oliveira. A fucoxantina absorbe a luz principalmente na parte do espectro visible que vai do azul-verde ao amarelo-verde, tendo un pico arredor dos 510-525 nm e absorbendo significativamente no rango dos 450 a 540 nm.

Algúns estudos metabólicos e nutricionais levados a cabo en ratas e ratos na Universidade de Hokkaido indican que a fucoxantina promove a queima de graxa dentro das células do tecido adiposo, polo incremento da expresión da proteína de desacoplamento UCP1 ou termoxenina. [1]

Proponse polo tanto como produto contra a obesidade[2]. Hai asemade un estudo publicado con fucoxantina sobre humanos, con método dobre-cego e placebo controlado.[3]

Non é un estimulante, ao contrario doutros compostos ás veces propostos contra a obesidade, como a efedrina ou a ioimbina[4]

Tamén se propón como indutor da apoptose (morte celular) na loita contra o cancro[5][6] por acción prooxidante[7].

  1. Maeda, H; Hosokawa, M; Sashima, T; Funayama, K; Miyashita, K (2005). "Fucoxantina das algas comestibes Undaria pinnatifida, amosa efecto antiobesidade por expresión de UCP1 en tecidos adiposos brancos". Biochemical and biophysical research communications 332 (2): 392–7. PMID 15896707. doi:10.1016/j.bbrc.2005.05.002.(en inglés)
  2. Maeda H, Hosokawa M, Sashima T,and Miyashita K. 2007. A combinación dietética de Fucoxantina e aceite de peixe atenúa o aumento de peso de tecido adiposo branco e decrementa a glucosa no sangue en Obesos/Diabéticos KK-Ay Mice J. Agric. Food Chem., 55, 7701–7706(en inglés)
  3. Abidov, M.; Ramazanov, Z.; Seifulla, R.; Grachev, S. (2010). "Os efectos do Xanthigen na xestión do peso en mulleres obesas pre-menopáusicas con doenza de fígado graxo non alcohólico, e graxa do fígado normal.". Diabetes, Obesity and Metabolism 12: 72. doi:10.1111/j.1463-1326.2009.01132.x.(en inglés)
  4. "Examine.com - Fucoxanthin". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 05 de xullo de 2011.(en inglés)
  5. Kotake-Nara E, Asai A, and Nagao A. 2005. Neoxantina e fucoxantina inducen apoptose en células canceríxenas PC-3 de próstata humana. Cancer Letters, 220, 75-84 (en inglés)
  6. Kotake-Nara, Eiichi; Terasaki, Masaru; Nagao, Akihiko (2005-1). "Characterization of Apoptosis Induced by Fucoxanthin in Human Promyelocytic Leukemia Cells". Bioscience, Biotechnology, and Biochemistry (en inglés) 69 (1): 224–227. ISSN 0916-8451. doi:10.1271/bbb.69.224.
  7. Os carotenoides afectan a proliferación de células canceríxenas de próstata humana(en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]