Violaxantina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Violaxantina[1]
Identificadores
Número CAS 126-29-4
PubChem 448438
ChemSpider 395237
ChEBI CHEBI:35288
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C40H56O4
Masa molecular 600,85 g/mol
Aspecto cristais alaranxados
Punto de fusión 200 °C; 392 °F; 473 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A violaxantina (/ks/) é un pigmento carotenoide natural do grupo das xantofilas, de cor alaranxada, que se encontra en diversas plantas, como por exemplo os pensamentos. Sintetízase a partir da zeaxantina por epoxidación.[1] Utilizouse como aditivo alimentario co número E 161e, xa que é un colorante, pero o seu uso xa non está aprobado na Unión Europea[2] nin nos Estados Unidos, aínda que si noutros países como Australia e Nova Zelandia[3] (onde ten o número INS 161e).

As plantas do xénero Viola conteñen violaxantina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Merck Index, 11th Edition, 9902.
  2. UK Food Standards Agency: "Current EU approved additives and their E Numbers". Consultado o 2011-10-27. 
  3. Australia New Zealand Food Standards Code"Standard 1.2.4 - Labelling of ingredients". Consultado o 2011-10-27.