Crocetina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crocetina[1]
Fórmula esquelética da crocetina
Modelo de bólas e barras da crocetina
Identificadores
Número CAS 27876-94-4, 591230-99-8 (sal de sodio)
PubChem 5281232
ChemSpider 4444644
UNII 20TC155L9C, YP57637WMX (sal de sodio)
Número CE 248-708-0
KEGG C08588
MeSH crocetin
ChEBI CHEBI:3918
ChEMBL CHEMBL464792
Referencia Beilstein 1715455
3DMet B02312
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C20H24O4
Masa molar 328,40 g mol−1
Aspecto Cristais vermellos
Punto de fusión 285 °C; 545 °F; 558 K
log P 4,312
Acidez (pKa) 4,39

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A crocetina é un ácido dicarboxilico apocarotenoide natural que se encontra nas flores do xénero Crocus, como o azafrán, xunto co seu glicósido a crocina, e tamén se atopa nos froitos de Gardenia jasminoides. Tamén se chama ácido crocético.[3][4] Forma cristais vermellos con forma de ladrillo cun punto de fusión de 285 °C.

A estrutura química da crocetina forma o núcleo central da molécula de crocina, o composto responsable da cor do safrán. A crocetina adoita extraerse comercialmente do froito da gardenia, debido ao alto custo do azafrán.

Estudos en células[editar | editar a fonte]

A crocina e a crocetina poden proporcionar neuroproteción en ratas ao reducir a produción de varias moléculas neurotóxicas, baseándose nun estudo en células in vitro.[5]

Efectos fisiolóxicos[editar | editar a fonte]

Un estudo de 2009 en 14 individuos indicou que a administración oral de crocetina pode diminuír os efectos da fatiga física en persoas sas.[6]

Un estudo piloto de 2010 investigou os efectos da crocetina sobre o sono. O ensaio clínico era un dobre cego controlado con placebo en 21 persoas adultas sas que tiñan sono lixeiro. Concluíu que a a crocetina pode (p=0,025) contribuír a mellorar a calidade do sono.[7]

En altas concentracións ten efectos protectores contra os danos na retina in vitro e in vivo.[8]

Transcrocetinato de sodio[editar | editar a fonte]

O sal sódico da crocetina, o transcrocetinato de sodio (DCI, tamén chamado crocetinato de sodio ou TSC) é un fármaco experimental que incrementa o movemento do oxíxeno procedente dos glóbulos vermellos aos tecidos hipóxicos.[9] O transcrocetinato de sodio pertence a un grupo de substancias coñecidas como sales de trans carotenoides, que constitúen unha subclase de compostos que melloran a difusión do oxíxeno.[10] O transcrocetinato de sodio foi un dos primeiros de ditos compostos en descubrirse.[9][11]

Transcrocetinato de sodio

O transcrocetinato de sodio pode prepararse facendo reaccionar o azafrán con hidróxido de sodio e extraendo o sal do isómero trans crocetina da solución.[11] John L. Gainer e colegas investigaron os efectos do transcrocetinato de sodio en modelos animais.[11][12] Descubriron que o fármaco podería reverter a diminución potencialmente mortal da presión arterial producida pola perda de grandes volumes de sangue en hemorraxias graves, e así mellorar a supervivencia.[12] As investigacións iniciais sobre o transcrocetinato de sodio suxerían que tiña posibles aplicacións en medicina nos campos de batalla, concretamente no tratamento de moitas baixas en combate con choque hemorráxico.[9][12] Estudos adicionais levados a cabo en modelos animais, e en ensaios clínicos en humanos, indicaron que o transcrocetinato de sodio podería ser beneficioso no tratamento de varias condicións asociadas coa hipoxia e isquemia (falta de oxíxeno nos tecidos debida xeralmente á alteración do sistema circulatorio), incluíndo o cancro, infarto de miocardio e accidente cerebrovascular.[9][10][13][14][15]

O transcrocetinato de sodio mostrouse como un fármaco prometedor para restaurar os niveis de oxíxeno e mellorar a capacidade de camiñar nun ensaio clínico de pacientes de enfermidade arterial periférica,[14] na cal a redución do rego con sangue rico en oxíxeno aos tecidos pode causar graves dores nas pernas e impedir a mobilidade. O fármaco tamén estivo en investigación nun ensaio clínico patrocinado polo desenvolvedor de fármacos Diffusion Pharmaceuticals para un posible uso como radiosensibilizante, incrementando a susceptibilidade das células cancerosas hipóxicas á radioterapia, en pacientes de glioblastoma, unha forma de cancro cerebral.[15] O fármaco está actualmente en investigación polo seu posible uso para mellorar a oxixenación en pacientes de COVID-19 en risco de desenvolver fallos multiorgánicos debido a un grave déficit respiratorio.[16]

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

Igual que os compostos que melloran a difusión do oxíxeno, o transcrocetinato de sodio parece mellorar a oxixenación en tecidos hipóxicos ao exercer efectos hidrófobos sobre as moléculas de auga do plasma sanguíneo e, polo tanto, incrementando os enlaces de hidróxeno entre as moléculas de auga.[17] Isto á súa vez causa que a organización global das moléculas de auga no plasma se faga máis estruturada, o cal facilita a difusión do oxíxeno polo plasma e promove o movemento do oxíxeno aos tecidos.[17][18][19]

A transcrocetina actúa como antagonista do receptor de NMDA con alta afinidade, e foi implicado na psicoactividade do azafrán.[20][21][22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Merck Index, 11ª edición, 2592
  2. CID 5281232 de PubChemModelo:WikidataCheck
  3. Umigai N, Murakami K, Ulit MV, et al. (maio de 2011). "The pharmacokinetic profile of crocetin in healthy adult human volunteers after a single oral administration". Phytomedicine 18 (7): 575–8. PMID 21112749. doi:10.1016/j.phymed.2010.10.019. 
  4. Ichi, T; Higashimura, Y; Katayama, T; Koda, T; Shimizu, T; Tada, M (1995). "Analysis of Crocetin Derivatives from Gardenia". Nippon Shokuhin Kagaku Kogaku Kaishi 42 (10): 776–783. doi:10.3136/nskkk.42.776. 
  5. Nam KN, Park YM, Jung HJ, Lee JY, Min BD, Park SU, Jung WS, Cho KH, Park JH, Kang I, Hong JW, Lee EH (2010). "Anti-inflammatory effects of crocin and crocetin in rat brain microglial cells.". European Journal of Pharmacology 648 (1–3): 110–6. PMID 20854811. doi:10.1016/j.ejphar.2010.09.003. 
  6. Mizuma H, Tanaka M, Nozaki S, Mizuno K, Tahara T, Ataka S, Sugino T, Shirai T, Kajimoto Y, Kuratsune H, Kajimoto O, Watanabe Y (marzo de 2009). "Daily oral administration of crocetin attenuates physical fatigue in human subjects". Nutrition Research 29 (3): 145–50. PMID 19358927. doi:10.1016/j.nutres.2009.02.003. 
  7. Kuratsune H, Umigai N, Takeno R, Kajimoto Y, Nakano T (setembro de 2010). "Effect of crocetin from Gardenia jasminoides Ellis on sleep: a pilot study". Phytomedicine 17 (11): 840–3. PMID 20537515. doi:10.1016/j.phymed.2010.03.025. 
  8. Yamauchi, M; Tsuruma, K; Imai, S; Nakanishi, T; Umigai, N; Shimazawa, M; Hara, H (2011). "Crocetin prevents retinal degeneration induced by oxidative and endoplasmic reticulum stresses via inhibition of caspase activity". European Journal of Pharmacology 650 (1): 110–9. PMID 20951131. doi:10.1016/j.ejphar.2010.09.081. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Gainer, J (2008). "Trans-sodium crocetinate for treating hypoxia/ischemia". Expert Opinion on Investigational Drugs 17 (6): 917–924. PMID 18491992. doi:10.1517/13543784.17.6.917. 
  10. 10,0 10,1 US patent 8,206,751, Gainer J, "New Class of Therapeutics that Enhance Small Molecule Diffusion", issued 2009-04-30
  11. 11,0 11,1 11,2 US patent 6,060,511, Gainer J, "Trans-sodium crocetinate, methods of making and methods of use thereof", issued 2000-05-09
  12. 12,0 12,1 12,2 Giassi L; et al. (2001). "Trans-Sodium Crocetinate Restores Blood Pressure, Heart Rate, and Plasma Lactate after Hemorrhagic Shock". Journal of Trauma-Injury Infection & Critical Care 51 (5): 932–938. PMID 11706343. doi:10.1097/00005373-200111000-00018. 
  13. Lapchak P (2010). "Efficacy and safety profile of the carotenoid trans sodium crocetinate administered to rabbits following multiple infarct ischemic strokes: A combination therapy study with tissue plasminogen activator". Brain Research 1309: 136–145. PMID 19891959. doi:10.1016/j.brainres.2009.10.067. 
  14. 14,0 14,1 Mohler E; et al. (2010). "Evaluation of trans sodium crocetinate on safety and exercise performance in patients with peripheral artery disease and intermittent claudication". Vascular Medicine 16 (5): 346–352. PMC 4182020. PMID 22003000. doi:10.1177/1358863X11422742. 
  15. 15,0 15,1 "Safety and Efficacy Study of Trans Sodium Crocetinate (TSC) With Concomitant Radiation Therapy and Temozolomide in Newly Diagnosed Glioblastoma (GBM)". ClinicalTrials.gov. novembro de 2011. Consultado o 18 de setembo de 2012. 
  16. "Diffusion Pharmaceuticals Announces FDA Accelerated Review of TSC Clinical Development Plan to Treat COVID-19 Patients with ARDS". Diffusion Pharmaceuticals. 5 de maio de 2020. Consultado o 25 de maio de 2020. 
  17. 17,0 17,1 Stennett a; et al. (2006). "Trans sodium crocetinate and diffusion enhancement". The Journal of Physical Chemistry B 110 (37): 18078–18080. PMID 16970413. doi:10.1021/jp064308+. 
  18. Laidig, K.E.; J.L. Gainer; V. Daggett (1998). "Altering Diffusivity in Biological Solutions through Modification of Solution Structure and Dynamics". Journal of the American Chemical Society 120 (36): 9394–9395. doi:10.1021/ja981656j. 
  19. Manabe H; et al. (2010). "Protection against focal ischemic injury to the brain by trans-sodium crocetinate". Journal of Neurosurgery 113 (4): 802–809. PMC 3380430. PMID 19961314. doi:10.3171/2009.10.JNS09562. 
  20. Berger F, Hensel A, Nieber K (2011). "Saffron extract and trans-crocetin inhibit glutamatergic synaptic transmission in rat cortical brain slices". Neuroscience 180: 238–47. PMID 21352900. doi:10.1016/j.neuroscience.2011.02.037. 
  21. Lautenschläger M, Lechtenberg M, Sendker J, Hensel A (2014). "Effective isolation protocol for secondary metabolites from saffron: semi-preparative scale preparation of crocin-1 and trans-crocetin". Fitoterapia 92: 290–5. PMID 24321578. doi:10.1016/j.fitote.2013.11.014. 
  22. Lautenschläger M, Sendker J, Hüwel S, Galla HJ, Brandt S, Düfer M, Riehemann K, Hensel A (2015). "Intestinal formation of trans-crocetin from saffron extract (Crocus sativus L.) and in vitro permeation through intestinal and blood brain barrier". Phytomedicine 22 (1): 36–44. PMID 25636868. doi:10.1016/j.phymed.2014.10.009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]