Friburgo, Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Friburgo de Brisgovia»)
Modelo:Xeografía políticaFriburgo, Alemaña
Freiburg im Breisgau (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°59′42″N 7°51′00″L / 47.995, 7.85Coordenadas: 47°59′42″N 7°51′00″L / 47.995, 7.85
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg
Rexión administrativaRexión de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Altstadt (Freiburg) (en) Traducir
Betzenhausen (en) Traducir
Brühl (en) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 28+
Poboación
Poboación236.140 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.543 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie153,04 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porDreisam Editar o valor em Wikidata
Altitude278 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónXurxo de Capadocia Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMartin Horn (Politiker) (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal79098–79117 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0761, 07664 e 07665 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE131 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña083110000000 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán08311000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Jiaozuo (pt) Traducir
Besançon (1959–)
Innsbruck (1963–)
Padua (1967–)
Guildford (pt) Traducir (1979–)
Madison (1987–)
Matsuyama (1988–)
Wiwilí de Jinotega (pt) Traducir (1988–)
Lviv (1989–)
Granada (1991–)
Isfahán (2000–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webfreiburg.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: stadtfreiburg Twitter: freiburg Instagram: stadt_freiburg LinkedIn: stadtfreiburg Youtube: UCt1Tyd0-AUtIkhRBaszJSaA Editar o valor em Wikidata

Friburgo[1] (en alemán: Freiburg im Breisgau) é unha cidade do Estado de Baden-Württemberg,[2] Alemaña, na rexión do Breisgau, no extremo occidental da Selva Negra. Está situada na beira dereita do río Rin. Destaca polo seu carácter universitario e é considerada como a capital da ecoloxía neste país.

Historia[editar | editar a fonte]

Praza da Catedral
A Catedral de Friburgo

Friburgo foi fundada en 1120 polo duque de Zähringen e dotada de privilexios municipais segundo o modelo foral de Colonia, construíndose o Castelo de Schlossberg en 1090 para ser a súa residencia ducal. A cidade gozou de amplos privilexios como mercado, converténdose nun dos centros comerciais da Selva Negra. A súa vida comercial viraba en torno á exportación de prata, la e madeira.

En 1200, o duque Bertold V de Zähringen construíu a catedral, de estilo gótico. Trala súa morte, a cidade pasou ao seu sobriño Egino de Urach, que en 1218 converteuse en duque de Friburgo. En 1368, os cidadáns mercaron a súa independencia por 15.000 marcos de prata. Inmediatamente despois colocáronse baixo a soberanía dos Habsburgo austríacos. No século XV, a sede do Reichstag estivo en Friburgo, que dese modo converteuse na capital de Austria Anterior. En 1457, o duque Alberte VI de Austria fundou a universidade.

A poboación minguou salvaxemente durante Guerra dos Trinta Anos, no século XVII, que ademais deixou a cidade en ruínas. Posteriormente estalaron as guerras entre Austria e Francia, que se intensificaron durante a Guerra de Sucesión polo trono de España. Até 1745, a cidade permaneceu ocupada por Francia e finalmente devolta a Austria.

Durante as guerras da Convención, foi de novo asediada por Francia. En 1803 foi cedida ao duque de Módena, quen a restituíu aos Habsburgo. En 1806, Napoleón Bonaparte integrouna na Confederación do Rin, onde permaneceu ata 1918. En 1817 estableceuse unha diocese eclesiástica en Friburgo, que se converteu pouco despois en sé arcebispal de Renania superior. Nesta época, os políticos liberais Carl von Rotteck e Carl Theodor Welcker ensinaron na súa universidade.

Durante a segunda metade do século XIX, a cidade medrou rapidamente. En 1899 matriculouse na súa universidade a primeira muller alemá que accedeu a estudos superiores. Durante a segunda guerra mundial, o 27 de novembro de 1944 un ataque aéreo aliado destruíu gran parte da cidade, sendo liberada en abril de 1945 polos franceses. Ao ano seguinte creouse o Land de Baden, do cal converteuse en capital. Trala unión con Wurtemberg para crear Baden-Württemberg en 1952, é a sede da presidencia de devandito estado.

Capital da ecoloxía[editar | editar a fonte]

Situada na proximidade da Selva Negra, Suíza e Francia, é a cidade alemá con máis horas de sol. Iso, sumado a unha constante política ecolóxica dos gobernos federal e rexional, fai que Friburgo posúa o maior número de instalacións medioambientais da Unión Europea (UE).

O Instituto para a Ecoloxía ten aquí a súa sede e o Consello Internacional para Iniciativas Medioambientais ten aquí ao seu secretariado europeo. Ademais Friburgo conta co Instituto Fraunhofer para sistemas de enerxía solar e é sede da Sociedade Internacional de Enerxía Solar (ISES). A cidade integra un circuíto para ciclistas duns 400 km de lonxitude, o que demostra o predominio deste medio de transporte en Friburgo.[3]

Ademais, cada ano celébrase no mes de xuño Intersolar, a maior feira da enerxía solar. O que a coloca á cabeza en canto a enerxía solar fotovoltaica refírese.

O seu termo municipal ten unha superficie total de 15.306 ha, das cales 6.533 son de bosque.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Friburgo ten algunhas cidades irmandadas arredor do mundo:

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

O seu ben conservado casco antigo e a súa actividade cultural fana ser moi visitada por turistas. Aquí atópase a famosa Catedral de Friburgo, coa "torre máis bela da Cristiandade". É de destacar un dos museos máis grandes da cidade o Augustinermuseum cunha gran colección de arte gráfica e artesanía da comarca.

Friburgo tamén é moi visitada por persoas interesadas nas enerxías renovables e nas súas políticas de desenvolvemento debido ao grande éxito que acadaron na cidade.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]