Balingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBalingen
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°16′23″N 8°51′02″L / 48.2731, 8.8506Coordenadas: 48°16′23″N 8°51′02″L / 48.2731, 8.8506
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg
Rexión administrativaRexión de Tubinga - Regierungsbezirk Tübingen
Distrito ruralZollernalbkreis (pt) Traducir
Vereinbarte VerwaltungsgemeinschaftBalingen VVG (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación34.945 (2022) Editar o valor em Wikidata (386,82 hab./km²)
Xeografía
Superficie90,34 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude517 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoHelmut Reitemann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal72336 e 7460 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico07433 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña084175002002 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán08417002 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbalingen.de Editar o valor em Wikidata
Igrexa protestante de Balingen

A cidade de Balingen está enclavada no corazón da Serra de Suabia, no suroeste de Alemaña. É a capital do Distrito de Zollernalb, comarca que comparte coa cidade de Ebingen-Albstadt. Conta con 34 000 habitantes e forma parte do Estado federado de Baden-Württemberg.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi por primeira vez mencionada nun texto no ano 863. Nos seus inicios a aldea pertenceu ao señor de Haigerloch que, en 1162, traspasoullo ao Conde de Hohenberg. No século XIII recibiu a carta de cidade por parte do conde Friedrich der Erlauchte. Por este motivo a cidade foi en gran parte reconstruída na ribeira esquerda do río Eyach. Desta época datan os seus dous monumentos máis antigos; a Stadtkirche ou Igrexa da Cidade, hoxe coñecida como Igrexa Protestante e a Friedhofkirche ou Igrexa do Cemiterio, construídas ambas en estilo gótico. A principios do século XV, en 1403, a cidade foi vendida ao reino de Württemberg e naceu a comarca homónima. Até o século XVIII o mordomo do rei de Württemberg fixou a súa residencia na cidade, nun pequeno castelo, parte do cal aínda se conserva xunto ao río. A unificación alemá de 1870 e a consecuente reordenación territorial non afectaron a Balingen exceptuando a desaparición da antiga coroa de Württemberg. Despois da segunda guerra mundial creouse de nova planta o Estado de Baden-Württemberg no que Balingen pasou a ser capital do Kreis ou comarca do mesmo nome. En 1973, e debido ao auxe da veciña Ebingen-Albstadt, conformouse o actual Zollernalbkreis do que Balingen segue sendo capital.

A cidade[editar | editar a fonte]

Na actualidade Balingen é unha próspera cidade de pequeno tamaño pero cunha industria local moi potente. Marcas como Bizerba, multinacional que fabrica balanzas e máquinas de corte, ou Ideal, líder mundial en material de oficina son bo exemplo da súa puxanza industrial. A cidade creceu ocupando ambas as ribeiras do río Eyach estendéndose polas outeiros que forman o seu val até alcanzar antigas aldeas como Frommern, Hesselwangen, Rosswangen ou Engslatt. As comunicacións son excelentes. Está unida pola autoestrada A-81 con Stuttgart e coa B-27 con Tubinga e Rottweil. Ademais, conta con estación de ferrocarril atendida pola Deutsche Bahn e a rexional Hohenzollerische Landesbahn. A rúa principal (Friedrichstrasse) fíxose peonil nos anos noventa e está poboada por innumerábeis comercios, bancos e restaurantes.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

Castelo de Balingen

Balingen sufriu un severo incendio en 1809 que obrigou a reconstruír todo o centro urbano. Do lume ceibouse a Igrexa protestante, o castelo e algúns edificios illados da ribeira do río. A planta da cidade antiga deseñouse conforme ás últimas tendencias urbanísticas de principios do século XIX e é en forma de cuadrícula. Dos edificios que quedaron tralas lapas destaca por méritos propios a Igrexa protestante. Tras varios séculos de construción foi terminada en 1541, data en que se rematou a torre. Conta cun orixinal reloxo de sol no ábsida. O castelo é tamén destacábel. Foi residencia do mordomo do rei até 1752, data en que foi vendido ao concello da cidade. Ao longo dos dous séculos seguintes foi deteriorándose ata que as autoridades ordenaron a súa derriba en 1935. Da antiga fortaleza hoxe só queda a chamada Torre da auga, que asenta os seus cimentos sobre a beira do Eyach, e un edificio anexo que hoxe acubilla o Museo de Balanzas de Balingen. Xunto ao museo atópase o Zehntscheuer ou Casa do décimo, unha grande casa de estilo suabo que outrora foi o lugar onde os campesiños da comarca acudían a deixar o décimo da Igrexa, hoxe alberga o Heimat Museum, un agradábel lugar onde se gardan obxectos tradicionais da cidade antes da industrialización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]