Vorarlberg


Vorarlberg é o máis occidental dos estados (Länder) austríacos; a súa capital, Bregenz, é unha das cinco cidades do Estado (as outras son Dornbirn, Hohenems, Feldkirch e Bludenz).
Vorarlberg é o oitavo Estado tanto en área (2.601 km²) como en poboación (372.791 habitantes no 2001). O estado fai fronteira co Tirol ao leste, cos estados alemáns de Baden-Württemberg e Baviera ao noroeste e norte; polo sur cos cantóns suízos de Grisóns e Sankt Gallen, separadas polo principado de Liechtenstein.