Franz von Paula Schrank

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Franz von Paula Schrank
Franz von Paula Schrank - Jesuit und Botaniker.jpg
Nacemento21 de agosto de 1747
Lugar de nacementoNeuburg
Falecemento22 de decembro de 1835
Lugar de falecementoMúnic
NacionalidadeAlemaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Viena
Ocupaciónbotánico, entomólogo, pteridólogo, briólogo, escritor, físico e micólogo
Na rede
IMSLP: Category:Schrank,_Franz_von_Paula Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Franz von Paula Schrank, nado o 21 de agosto de 1747 en Neuburg am Inn e finado o 22 de decembro de 1835 en Múnic, foi un xesuíta, botánico e naturalista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a frecuentar o Colexio Xesuíta de Passau con nove anos, entrando aos quince ma Compañía de Xesús. Pasou o primeiro aoo do seu noviciado en Viena e o segundo en Ödenburg (hoxe Sopron en Hungría), onde seguiu os cursos dun misioneiro vindo do Brasil, o que lle fai interesarse na historia natural. Estudou logo en Raab, Tyrnau (hoxe Trnava, Hungría) e en Viena.

Ensinou no Colexio de Linz a partir de 1769. Ao suprimirse a súa orde trasladouse a Passau, onde foi ordenado sacerdote en decembro de 1774, obtendo o seu doutoramento en teoloxía en 1776, en Viena.

Nese ano de 1776 prepara Beiträge zur Naturgeschichte e foi nomeado profesor de matemáticas e física no Liceo de Amberg, e logo profesor de retórica en Burghausen.

En 1784 era profesor de elocuencia, e ensinaría botánica económica e economía rural na Universidade de Ingolstadt, para máis tarde ser conselleiro eclesiástico en Landshut.

En 1809 a Academia de Ciencias de Múnic elíxeo como membro coa condición que tome ao seu cargo op xardín botánico que se creara na cidade, cargo que ocupará até a súa morte.

Obras pricipais[editar | editar a fonte]

  • Beiträge zur Naturgeschichte, Augsburgo, 1776
  • Vorlesungen über die Art die Naturgeschichte zu studieren, Ratisbona, 1780
  • Enumeratio insectorum Austriæ indigenorum, Viena, 1781
  • Anleitung die Naturgeschichte zu studieren, Múnic, 1783
  • Naturhistorishce Briefe über Österreich, Salzburg, Passau und Berchtsgaden (dous vols., Salzburgo, 1784-1785
  • Anfangsgründe der Botanik, Múnic, 1785
  • Baiersche Reise …, 1786
  • Verzichniss der bisher hinlaneglich bekannten Eingeweidewürmer, nebts einer Abhandlungen über ihre Anverwandschaften, Múnic, 1787
  • Bayerische Flora, Múnic, 1789
  • Primitiæ floræ salisburgensis, cum dissertatione prævia de discrimine plantarum ab animalibus, Frankfort, 1792
  • Abhandlungen einer Privatgesellschaft vom Naturforschern und ökonomen in Oberteutschland, Múnic, 1792
  • Anfangsgründe der Bergwerkskunde, Ingolstadt, 1793
  • Reise nach den südlichen Gebirgen von Bayern, in Hinsicht auf botanische und ökonomische Gegenstände, Múnic, 1793
  • Flora monacensis, Múnic, 1811-1820
  • Plantæ rariores horti academici Monacensis descriptæ et iconibus illustratæ, 1819
  • Sammlung von Zierpflanzen, 1819

Estudou igualmente os insectos (incluíndo os arácnidos, daquela considerdos como insectos) fisioloxía vexetal e micoloxía, así como o movemento dos infusorios.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Schrank emprégase para indicar a Franz von Paula Schrank como autoridade na descrición e taxonomía dos animais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]