Amberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amberg

Amberg é unha cidade alemá de Baviera, localizada no Alto Palatinado. En 2002 tiña 44 443 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade aparece mencionada por primeira vez en 1034 co nome de Ammenberg. Convértese nun importante centro comercial na Idade Media, exportando ferro. En 1269 quedou vinculada á dinastía Wittelsbach, que gobernaba en Baviera. En 1329 co resto do Alto Palatinado, pasou a unha liña colateral dos Wittelsbach e deixou de formar parte de Baviera.

No século XVI a cidade converteuse no luteranismo, pero tentativas da familia real de introducir o calvinismo fracasaron.

En 1628 volveu a Baviera, e os habitantes da cidade tiveron que tomar a decisión de se converter ao catolicismo ou deixar a cidade. Moitas familias marcharon ás cidades de Ratisbona e Nuremberg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]