Saltar ao contido

L'existentialisme est un humanisme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O existencialismo é un humanismo»)

O existencialismo é un humanismo (L'existentialisme est un humanisme) é unha obra filosófica de Jean-Paul Sartre, publicada en 1946 e considerada como a exposición da súa concepción filosófica, o existencialismo.

Orixe da obra

[editar | editar a fonte]

O 29 de outubro de 1945, ao acabar a segunda guerra mundial, o filósofo Jean-Paul Sartre deu unha conferencia en París co título "O existencialismo é un humanismo". Sen permiso do autor, Nagel, que presidía a conferencia, editou en 1946 un texto sobre a charla de Sartre. Nesta conferencia houbo unha discusión entre Sartre e Pierre Naville, un filósofo marxista.

Jean-Paul Sartre o que pretendía era falar do marxismo contra os comunistas. Acercándose a autores da época como Maurice Merleau-Ponty, Gyorgy Lukács, Henri Lefèbvre, Claude Lefort, Pierre Naville, Roger Garaudy e Jean Hyppolite. O amigo de Sartre, Paul Nizan, xa falecido, era o único filósofo daquela época que faltaba. Nizan era un home do Partido Comunista Francés, no que Sartre vía un modelo de inflexibilidade moral necesario para os anos de posguerra.

Contido do libro

[editar | editar a fonte]

O ser humano empeza por existir, rodeado de circunstancias, como por exemplo o medio natural, onde por si mesmo debe saber como sobrevivir sen axudas nin pistas. O home vai cambiando por si mesmo, non como na natureza. O home é libre de facer o que queira, enfrontándose ás consecuencias que poden aparecer pola vida.

...o primeiro paso do existencialismo é o de pór todo home é responsábel de si mesmo, non queremos dicir que o home é responsábel da súa estrita individualidade, senón que é responsábel de todos os homes.

No existencialismo, segundo un dos autores presentes na conferencia, existe un tipo de filosofía dotando á pequena burguesía dunha filosofía que lle permita chegar a ser a vangarda do movemento revolucionario internacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sartre, Jean Paul (1990). A Trabe de Ouro, ed. O existencialismo é un humanismo. Santiago de Compostela. ISBN 9 788478 240937.