Abelardo Gabriel
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 28 de xuño de 2010 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá ![]() |
![]() ![]() |
Abelardo Pérez Gabriel, nado en Barcelona en 1946 e finado en Ourense o 28 de xuño de 2010,[1] foi un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou parte da súa infancia en Barcelona e en Ourense. Traballou como empregado de banca e como modelo, pero deixouno pola interpretación teatral. Nas táboas, comezou no teatro afeccionado en Ourense en colectivos como Escena, Valle Inclán ou Histrión.
En xuño de 2002 foi designado candidato á alcaldía de Ourense polo PSdeG-PSOE, pero desavinzas coa formación fanlle presentar a renuncia en abril de 2003, sendo substituído por Francisco Rodríguez como cabeza de lista.
Producións de televisión
[editar | editar a fonte]- Nada es para siempre
- Al salir de clase (personaxe de Manu o pizzeiro)
- Libro de familia (personaxe de Don Román)
- Hospital central (episódico en 2007)
Obra escrita
[editar | editar a fonte]- Aquellas estrellas de nuestra vida (2007) recompilatorio de artigos sobre cine publicados no xornal La Región.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fina aos 64 anos o actor ourensán Abelardo Pérez", artigo en Cultura Galega, 29 de xuño de 2010.