Marga Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marga Martín
Nacementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Margarita Martín Rodríguez é unha política galega, pertencente ao PSdeG, foi alcaldesa de Ourense de forma temporal en substitución de Francisco Rodríguez Fernández.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papeleta do PSdeG-PSOE de Ourense das Eleccións xerais de España de 2023.

Marga Martín foi elixida concelleira polo PSdeG nas eleccións municipais de 2003, que viviron o triunfo do Partido Popular. Nos comicios de 2007 repetiu na lista e resultou elixida concelleira. No goberno encabezado polo socialista Francisco Rodríguez Fernández encargouse da carteira de Servizos Sociais, competencia que mantivo con posterioridade ás municipais de 2011, onde figurou como número 2.

En setembro de 2012 o alcalde ourensán dimitiu como consecuencia da Operación Pokémon, e ela ocupou de forma interina a alcaldía. Era a primeira vez que unha muller ocupaba a alcaldía da cidade de Ourense na súa historia, se ben a concelleira do Bloque Nacionalista Galego Isabel Pérez substituíra como tenente de alcalde a Rodríguez en numerosas ocasións. Como alcaldesa en funcións asumiu tamén as competencias sobre Cultura, Turismo, Parques, Xardíns, Deportes, Mocidade e Vivenda, que recaían no BNG, e que foron reasumidas polo PSdeG logo de que os nacionalistas saísen do goberno municipal. Aos quince días foi substituída polo novo alcalde escollido no pleno, Agustín Fernández Gallego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francisco Rodríguez
 
Alcaldesa de Ourense
 
2012
Sucesor:
Agustín Fernández Gallego