Inquisidor xeneral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O papa e o inquisidor (1884) de Jean-Paul Laurens.

O inquisidor xeneral ou grande inquisidor (en latín: Inquisitor Generalis) foi a máxima autoridade oficial da Inquisición española. O primeiro e probablemente o máis famoso foi Tomás de Torquemada, relixioso dominico.

Historia[editar | editar a fonte]

O nomeamento correspondía ao papa a proposta do rei da Monarquía Hispánica, aínda que na práctica o pontífice limitábase a confirmar ás persoas designada polo monarca. Tras cada nomeamento o papa promulgaba un breve pontificio no que delegaba a súa autoridade para reprimir a herexía no novo inquisidor, así como lle outorgaba a condición de xuíz supremo en tódalas apelacións das sentenzas dos tribunais provinciais. A partir dese momento o inquisidor xeneral podía actuar sen estar mediatizado por Roma. O inquisidor xeneral era en realidade un cargo da monarquía máis que unha dignidade eclesiástica, pero o rei non podía destituílo, porque non deixaba de ser un delegado papal, e si o cargo quedaba vacante os tribunais provinciais non podían actuar.[1]

Torquemada, Prior de Santa Cruz e primeiro inquisidor xeneral de Castela e Aragón, no s. XV.

Tras a resolución das Cortes de Cádiz no século XIX, tivo lugar a abolición definitiva da Inquisición, que recibira co libro de Juan Antonio Llorente unha crítica demoledora. Precisamente, o presbítero canario Cristóbal Bencomo y Rodríguez quen foi confesor do rei Fernando VII[2] e arcebispo titular de Heraclea, foi proposto polo propio rei como inquisidor xeneral de España (cargo rexeitado polo mesmo Bencomo).[3] Isto debeuse, entre outras cousas, a que Bencomo entendía que tras a Constitución de Cádiz, o Santo Oficio era unha institución chamada á desaparición, pois non contaba coa simpatía da maioría dos estamentos segrares e eclesiásticos. Ocuparía o seu lugar Jerónimo Castillón y Salas, bispo de Tarazona, quen sería o último Inquisidor xeneral de España.

Diego de Deza, Inquisidor xeneral, 1498-1507.

Lista de inquisidores xenerais[editar | editar a fonte]

Juan Pardo de Tavera, Inquisidor xeneral, 1539-45.
Fernando Niño de Guevara, Inquisidor xeneral, 1600-02.

Os seguintes personaxes desempeñaron o cargo de inquisidores xenerais entre 1483 e 1834:

1820: Abolición da Inquisición, durante o Trienio Liberal.

Literatura[editar | editar a fonte]

O Gran Inquisidor é tamén o nome dun capítulo da obra literaria Os irmáns Karamázov, do escritor e filósofo ruso Fiódor Dostoievski. O personaxe central da peza é un Gran Inquisidor que arresta e procesa a Xesús de Nazaret.

Javier Alfaya, na súa novela Eminencia ou A memoria finxida (1993, ISBN 84-204-8103-3), fábula a vida dun dos últimos inquisidores Xenerais, Ramón José de Arce, a partir dunhas imaxinarias memorias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Parra López, Emilio; Casado, María Ángeles (2013). La Inquisición en España. Agonía y abolición. p. 32. 
  2. "Obispos canarios en el mundo" Diocese de Canarias.
  3. Biografía de Cristóbal Bencomo y Rodríguez
  4. En 1494, o papa Alexandre VI nomeou inquisidores xenerais adxuntos a Martín Ponce de León, arcebispo de Mesina; Íñigo Manrique de Lara, bispo de Córdoba; Alonso Suárez de la Fuente del Sauce, bispo de Mondoñedo; e Francisco Sánchez de la Fuente, bispo de Ávila.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]