Sílex Ediciones é unha editorial española fundada en Madrid en 1972 por Eleonor Domínguez.
Dedicada nas súas orixes á edición de libros de Arte, ampliou o seu catálogo en diversas liñas dentro do campo das humanidades, como a Historia ou a Museoloxía.
Dirixida por Ramiro Domínguez, a finais do século XX e principios do século XXI manifestouse como unha activa editorial no campo da Historia, prestando grande atención tanto ao campo da divulgación como ao mundo universitario.