Fernando Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando Mendes Soares Gomes»)
Fernando Gomes
Información persoal
Nome Fernando Mendes Soares Gomes
Nacemento 22 de novembro de 1956
Lugar de nacemento Porto
Falecemento 26 de novembro de 2022
Lugar de falecemento Porto
Altura 1,76 m
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1972–1974 Porto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1974–1980 Porto 158 (123)
1980–1982 Sporting de Gijón 27 (12)
1982–1989 Porto 183 (164)
1989–1991 Sporting CP 63 (31)
Selección nacional
Portugal sub-18 14 (6)
Portugal sub-21 6 (1)
1975–1988 Portugal 47 (13)
Na rede
FIFA: 174566 UEFA: 1709 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fernando Mendes Soares Gomes, nado no Porto o 22 de novembro de 1956 e finado na mesma cidade o 26 de novembro de 2022,[1] foi un exfutbolista portugués. Desenvolveu case toda a súa carreira no FC Porto, co que gañou numerosos títulos, entre eles cinco ligas portuguesas, unha Copa de Europa e unha Copa Intercontinental. Destacado dianteiro, foi seis veces o máximo goleador da Primeira Liga e gañou dúas Botas de Ouro ao mellor goleador europeo.

Foi 47 veces internacional coa selección portuguesa, coa que participou na Eurocopa de 1984 e no Mundial de 1986.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do FC Porto, amosando dende novo un gran talento, e no seu debut co primeiro equipo en 1974 marcou dous goles diante do CUF Barreiro.[2] Durante a seguinte década de media estivo en todos os momentos importantes do renacemento do club, salvo dous anos nos que militou na liga española coa camiseta do Sporting de Gijón (onde estivo un ano inactivo por unha tendinite).[3] Entre as tempadas 1976/77 e 1978/79 foi tres veces seguidas o máximo goleador da Primeira Liga, e na terceira delas conquistou o título de liga, título que o Porto levaba 20 anos sen gañar.

Nos seguintes anos sumou outras catro ligas ao seu palmarés, ademais doutras catro Bolas de Prata e dúas Botas de Ouro,[4][5] e en 1984 capitaneou o equipo na final da Recopa da UEFA contra a Juventus de Trapattoni, caendo 2-1.

Na tempada 1986/87 marcou cinco goles na Copa de Europa, catro deles nun mesmo partido diante do Rabat Ajax de Malta (9-0). Aínda que marcou un gol nas semifinais contra o Dynamo de Kíiv de Lobanovskyi, unha fractura de tibia e peroné impediulle disputar a final, na que o seu equipo conquistou o primeiro título europeo da súa historia fronte ao Bayern de Múnic.[6]

Recuperouse a tempo para xogar a Supercopa de Europa contra o Ajax e a Copa Intercontinental contra Peñarol, gañando ambos títulos e marcando o primeiro gol na vitoria por 2-1 sobre os uruguaios en Toquio.[7][8]

Deixou o equipo en 1989, debido a un enfrontamento co consello de administración do Porto, e asinou co Sporting CP,[9] no que militou durante dúas campañas, marcando na segunda delas 22 goles.[10]

Retirouse en 1991 como o segundo máximo goleador histórico da Primeira Liga, cun balance de 319 goles en 404 partidos, superado só por Fernando Peyroteo e cun gol máis que o terceiro clasificado, Eusébio.[11]

Selección portuguesa[editar | editar a fonte]

Foi 47 veces coa selección de Portugal entre 1975 e 1988, marcando 13 goles.[12] Formou parte do equipo portugués tanto na Eurocopa de 1984, onde alcanzou as semifinais,[13] como no Mundial de 1986.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Porto
Individual

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabranes, Ángel (26 de novembro de 2022). "Fallece a los 66 años el exjugador del Sporting Fernando Gomes". La Nueva España (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  2. "FC Porto recorda a estreia de Gomes" (en portugués). 8 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  3. "Un fichaje espectacular" (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  4. "Fernando Gomes: uma Bota de Ouro com orgulho e memória" (en portugués). 8 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  5. "Gañadores da Bota de Ouro". eusm.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  6. Da Cunha, Pedro Jorge (27 de maio de 2017). "Baixas em Viena: «Fraturei a tíbia e o perónio, mas marquei golo»" (en portugués). Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  7. Marques, Sara. "27 de outubro de 2022" (en portugués). Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  8. "Toyota Cup 1987". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  9. Da Cunha, Pedro Jorge (28 de abril de 2014). "1988/89: FC Porto sem troféus e dez campeões europeus a chorar" (en portugués). Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  10. "Recordações de Alvalade: 1991, o Inter nos pés de Oceano" (en portugués). 28 de xuño de 2003. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  11. "Histórico da competição" (PDF). Primeira Liga (en portugués). p. 16. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  12. "Lista completa dos internacionais portugueses" (en portugués). 18 de febreiro de 2004. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  13. "Platini faz a diferença em meia-final de sonho no EURO 1984". UEFA (en portugués). 4 de outubro de 2003. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  14. "Golden Boot ("Soulier d'Or") Awards". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  15. "Portugal - List of Topscorers". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  16. "Portugal - Footballer of the Year". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]