Volta a Asturias
Aparencia
| Tipo | carreira por etapas |
|---|---|
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Organizador | Unión Ciclista Internacional |
| Localización e Datas | |
| Localización | Asturias (España) 43°21′41″N 5°50′52″O / 43.3614, -5.8478 |
| País | España |
| Vixencia | 1925 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | lavueltaasturias.com |
A Volta a Asturias é unha competición ciclista profesional por etapas que se disputa no Principado de Asturias.
Características
[editar | editar a fonte]Deispútase durante cinco días no mes de maio ou xuño. Remata en Oviedo, e tamén son habituais os finais de etapa nas cidades de Avilés, Xixón e Llanes. Outras etapas destacadas son a Subida ao Acebo, un clásico dentro da carreira nos últimos anos.
Hai maillots de cores especiais para os líderes das distintas clasificacións:
- Amarelo: líder clasificación individual xeral por tempos.
- Verde: líder clasificación xeral por puntos.
- Branco: líder clasificación xeral da montaña.
- Vermello: líder clasificación xeral metas voantes.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
