Familia Bach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Sebastian Bach e seus fillos Carl Philipp Emanuel, Johann Christian, Wilhelm Friedemann, e Johann Christoph Friedrich.

A familia Bach foi unha célebre familia de músicos de grande importancia na historia da música durante case douscentos anos, con máis de 50 músicos coñecidos e varios compositores destacados, sendo o máis importante e coñecido Johann Sebastian Bach (1685–1750).[1] A dinastía musical comezou co tataravó de Johann Sebastian, Veit Bach (nacido antes de 1545 e morto en torno a 1576), e extinguiuse co seu neto Wilhelm Friedrich Ernst Bach (1759-1845). Foi o propio Johann Sebastian Bach que comezou unha xenealoxía da súa familia en 1735, que sería rematada polo seu fillo Carl Philipp Emanuel, e que foi titulada Ursprung der musicalisch-Bachischen Familie (en galego Orixe da familia musical Bach).

A familia Bach nunca abandonou a rexión alemá de Turinxia ata que os fillos de Johann Sebastian saíron a un mundo máis moderno. A través da miseria dos campesiños durante a etapa da Guerra dos Trinta Anos esta familia mantivo a súa posición e produciu músicos que, a pesar da súa fama local, se encontran entre os máis grandes de Europa. Tan numerosos e eminentes eran, que os músicos de Erfurt eran coñecidos como os "Bachs", mesmo cando xa non había membros da familia na cidade. Johann Sebastian Bach herdou a tradición artística dunha familia unida cuxas circunstancias os privaran das distraccións do século da fermentación musical que no resto de Europa destruíra a música polifónica music.[1]

Devanceiros de Johann Sebastian Bach[editar | editar a fonte]

Casa familiar en Wechmar.

Catro pólas da familia Bach eran coñecidas a principios do século XVI, e está documentado que un Hans Bach vivía en Wechmar en 1561, unha vila entre Gotha e Arnstadt, en Turinxia, quen puido ser o pai de Veit Bach.[1]

  • Veit (Vitus) Bach (ca. 1550 – 1619, Wechmar) foi, de acordo coa xenealoxía de Johann Sebastian, "un panadeiro en Hungría" que tivera que fuxir de Hungría porque era luterano, establecéndose en Wechmar. El "encontrou o maior placer nun pequeno cistro que levou con el mesmo no muíño".
  • Seu fillo Johannes Bach (c. 1580 – 1626) "der Spielmann" (lit. "o intérprete"), foi o primeiro músico profesional da familia. "Ao principio tomou o oficio de panadeiro, mais tendo unha inclinación especial para a música" converteuse en frautista.
  • O seu segundo neto Christoph (1613–1661) foi un instrumentista.
  • O seu primeiro bisneto Johann Ambrosius foi un violinista, e o pai de Johann Sebastian Bach.

Outros nados antes de 1685[editar | editar a fonte]

O tío de Johann Ambrosius, Heinrich de Arnstadt, tivo dous fillos: Johann Michael e Johann Christoph, que están entre os mellores dos precursores de J. S. Bach. Johann Christoph foi considerado durante algún tempo o autor do motete Ich lasse dich nicht (Non te deixarei), agora confirmado como obra de Johann Sebastian (sendo o seu BWV 159a). Outro descendente de Veit Bach, Johann Ludwig, foi admirado máis que ningún outro antecesor de Johann Sebastian, quen copiou doce das súas cantatas de igrexa e ás cales ás veces engadiu traballo propio.[1]

Descendentes de Johann Sebastian Bach[editar | editar a fonte]

A súa música[editar | editar a fonte]

A familia Bach desempeñou a súa actividade principalmente durante o período musical coñecido como barroco. Practicamente todos os membros da familia foron músicos luteranos. A maioría dos músicos exerceron traballos relacionados coa Igrexa: uns como organistas, outros como Cantores ou directores dos coros da Igrexa e tamén como compositores de música destinada aos servizos (cantatas relixiosas, corais e preludios corais, música instrumental para acompañar os intermedios ou as reflexións). Outros músicos fixeron incursións na música orquestral ou nas capelas das cortes dos nobres, non conxuntos municipais, ou adicáronse ao ensino.

Esa relixiosidade, amais dun profundo arraigo na tradición antiga –sobre todo a polifonía renacentista–, imbuíu á música dos seus membros dunha sobriedade de expresión moi singular e uso da tradicional polifonía, que se converteu en selo distintivo de boa parte da música do centro de Alemaña, en contraste coa dos virtuosos e fantasiosos organistas do norte de Alemaña e da marcada influencia italiana (cos novos xéneros da ópera, a sonata, o concerto) e a música popular no sur. Johann Sebastian non compuxo óperas, mais bebeu de diversas fontes internacionais, a música instrumental italiana, e a música para teclado francesa, entre moitas outras.

Cara ao final da dinastía, os fillos de Johann Sebastian viviron o cambio de estilo que se experimentou nas súas épocas. Preferían as texturas máis lixeiras (o monódico e homofónico ao polifónico) e se abandonaron certas formas tradicionais a prol doutras novas: eran os albores do clasicismo. Xustamente dous dos fillos de Johann Sebastian, Carl Philipp Emanuel Bach e Johann Christian Bach (quen compuxo óperas en Inglaterra ao estilo italiano), xogaron un papel moi importante no desenvolvemento do que se coñece como o "estilo clásico", influíndo profundamente nos novos músicos como Haydn e Mozart. Por esa razón, os fillos de Johann Sebastian vían a música do seu pai como algo anticuada.

Árbore xenealóxica[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
Veit Bach
(f. 1619)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Johannes Hans Bach
(1580–1626)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Heinrich Bach
(1615–1692)
 
 
 
 
 
Christoph Bach
(1613–1661)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Johann Christoph Bach
(1642–1703)
 
Johann Michael Bach
(1648–1694)
 
Johann Ambrosius Bach
(1645–1695)
 
Maria Elisabetha Lämmerhirt
(1644–1694)
 
Johann Christoph Bach
(1645–1693)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Johann Nicolaus Bach
(1669–1753)
 
Maria Barbara Bach
(1684–1720)
 
Johann Sebastian Bach
(1685–1750)
 
Anna Magdalena Wilcke
(1701–1760)
 
Johann Jacob Bach
(1682–1722)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Wilhelm Friedemann Bach
(1710–1784)
 
Carl Philipp Emanuel Bach
(1714–1788)
 
Gottfried Heinrich Bach
(1724–1763)
 
Johann Christoph Friedrich Bach
(1732–1795)
 
Lucia Elisabeth Munchhusen
(1728–1803)
 
Johann Christian Bach
(1735–1782)
 
Elisabeth Juliane Friederica
(1726–1781)
 
Johann Christoph Altnikol
(1720–1759)
 
Johanna Carolina
(1737–1781)
 
Regina Susanna
(1742–1809)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Wilhelm Ernst Colson
 
Anna Philippiana Friederica Bach
(1755–1804)
 
Wilhelm Friedrich Ernst Bach
(1759–1845)
 
Charlotte Philippina Elerdt
(1780–1801)
 
 
Christina Luise Bach
(f. 1852)
 
 
 
 
 
Johann Sebastian Altnickol (1749–1749)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ludwig Albrecht Hermann Ritter
 
Carolina Augusta Wilhelmine Bach
(1800–1871)
 
Juliane Friederica
(n. 1800)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Xenealoxía expandida[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Bach, Johann Sebastian". Encyclopædia Britannica 3 (11th ed.). Cambridge University Press. pp. 124–130
  2. New Grove Bach Family, p. 98, p. 111

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario Enciclopédico de la Música Música Maestro, Editorial Rombo, 1996, ISBN 8482579323.
  • Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8.
  • Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]