Johann Christoph Bach (1671–1721)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Christoph Bach
Nome completo Johann Christoph Bach
Data de nacemento 16 de xuño de 1671
Lugar de nacemento Erfurt Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svgSacro Imperio Romano Xermánico
Data de falecemento 22 de febreiro de 1721
Lugar de falecemento OhrdrufBanner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svgSacro Imperio Romano Xermánico
Instrumento(s) Clavicémbalo Órgano
Parella/s Johanna Dorothea von der Höfe

Johann Christoph Bach, nado o 16 de xuño de 1671 en Erfurt (Turinxia, daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente en Alemaña) e finado o 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf, foi un músico e compositor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo maior de Johann Ambrosius Bach (de quen recibiu as súas primeiras leccións de música), foi o irmán maior do famoso músico e compositor alemán Johann Sebastian Bach. Estodou na Escola de Latín de Eisenach entre 1681 e 1685, marchando posteriormente a Erfurt para estudar con Johann Pachelbel e posteriormente axudou ao seu tío avó Heinrich Bach en Arnstadt entre 1689 e 1690, xa que Heinrich quedara cego. A súa biblioteca para teclado inclúe obras de Pachelbel, Johann Jakob Froberger e Johann Kaspar Kerll. En 1690 converteuse en organista da Michaeliskirche de Ohrdruf, cargo que ostentou o resto da súa vida e o 23 de outubro de 1694 casou con Johanna Dorothea von der Höfe, coa que tivo oito fillos.[1] Á morte de seu pai en 1695, levou a Ohrdruf ao seu irmán Johann Sebastian, encargándose da súa manutención e educación, sendo prováblemente un dos seus profesores de música. Durante os seus últimos anos de vida alternou o seu traballo de organista co de mestre de escola. Morreu en 1721 en Ohrdruf.[2]

Familia[editar | editar a fonte]

Entre os seus fillos salientan os seguintes:

Relación con J.S. Bach[editar | editar a fonte]

Segundo o obituario de J.S. Bach escrito por Mizler, foi baixo a guía de Christoph como J.S. Bach "sentou as bases da súa técnica de teclado". Christoph é sen embargo máis comunmente recordado por denegar ao seu irmán pequeno o acceso a un libro coas súas pezas de teclado:

O libro foi gardado nun armario asegurado só por portas de celosía. El [Sebastian] foi polo tanto capaz de alcanzar o a través da rede coas súas pequenas mans e enrollar o libro, que tan só tiña unha cuberta de papel; deste xeito foi capaz de sacalo pola noite, cando todos estaban na cama, e copialo á luz da lúa, xa que non tiña outra luz. Logo de seis meses estaba encantado de ter ese tesouro musical nas súas mans, e gardou o segredo cun celo inusual para beneficiarse del ata que, moi ao seu pesar, seu irmán descubriuno e confiscou a música coa que tivera tomado tantas molestias en copiar.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malcolm Boyd: Bach, pp. 7–8, ISBN 0-19-514222-5
  2. Malcolm Boyd: Bach, pp. 7–8, ISBN 0-19-514222-5
  3. Malcolm Boyd: Bach, p. 8 ISBN 0-19-514222-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario Enciclopédico de la Música Música Maestro, Editorial Rombo, 1996, ISBN 8482579323
  • Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica, Editorial Salvat, 1986, ISBN 84-7137-872-8
  • Larousse de la musique, Librairie Larousse, 1957

Outros artigos[editar | editar a fonte]