Johann Ambrosius Bach
Johann Ambrosius Bach | |
---|---|
![]() Johann Ambrosius Bach retratado por Johann David Herlicius, 1685. | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1645 |
Erfurt![]() | |
Falecemento | 20 de febreiro de 1695 |
Eisenach![]() | |
Nacionalidade | Alemaña |
Etnia | Pobo alemán |
Composicións destacadas | Maria Elisabetha Lämmerhirt (1668-1694) Barbara Margaretha Keul (1694-1695) |
Pai | Christoph Bach |
Nai | Maria Magdalena Grabler |
Parella/s | Maria Elisabetha Lämmerhirt |
Fillos | Johann Sebastian Bach, Johann Jacob Bach e Johann Christoph Bach |
Irmáns | Georg Christoph Bach e Johann Christoph Bach II |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Johann Ambrosius Bach, nado en Erfurt o 22 de febreiro de 1645 e finado en Eisenach o 20 de febreiro de 1695, foi un músico alemán, pai do compositor Johann Sebastian Bach.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O fillo de Christoph Bach (1613–1661), Ambrosius naceu en Erfurt, en Turinxia (actualmente en Alemaña e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico), sendo irmán xemelgo de Johann Christoph Bach (1645–1693). Ambrosius foi empregado como violinista na súa cidade natal.
En 1671 trasladouse a Eisenach (Turinxia), onde entrou a traballar como trompetista da corte e director dos músicos da cidade. O 1 de abril de 1668 casou coa súa primeira muller, Maria Elisabeth Lämmerhirt, coa que tivo oito fillos, dos cales catro se converteron en músicos, entre eles Johann Sebastian. Maria Elisabeth morreu o 3 de maio de 1694, e o 27 de novembro dese mesmo ano casou con Barbara Margaretha (nada Keul, xa enviudara dúas veces). Johann Ambrosius morreu en Eisenach menos de tres meses despois, e seus dous fillos, Johann Jacob Bach e Johann Sebastian Bach, trasladáronse a Ohrdruf co seu irmán máis vello, Johann Christoph Bach.
Fillos[editar | editar a fonte]
Johann Ambrosius tivo oito fillox do seu matrimonio con Maria Elisabeth Lämmerhirt, deles todos morreron pasado o ano 1700 agás o primeiro fillo, que morreu aos seis meses:
- Johann Rudolf - bautizado o 19 de xaneiro de 1670 en Erfurt; † 17 de xullo 1670 en Erfurt (6 meses)
- Johann Christoph - bautizado o 18 de xuño de 1671 en Erfurt; † 22 de febreiro de 1721 en Ohrdruf (49 anos)
- Johann Balthasar - bautizado o 6 de marzo de 1673 en Eisenach; † 5 de abril de 1691 en Eisenach (18 anos)
- Johannes Jonas - bautizado o 2 de febreiro de 1675 en Eisenach; † 22 de maio de 1685 en Eisenach (10 anos)
- Maria Salome - bautizada o 27 de maio de 1677 en Eisenach; † 27 de decembro de 1728 en Erfurt (51 anos)
- Johanna Juditha - bautizada o 28 de xaneiro de 1680 en Eisenach; † 3 de maio de 1686 en Eisenach (6 anos)
- Johann Jacob - bautizado o 11 de febreiro de 1682 en Eisenach; † 16 de abril de 1722 en Estocolmo (40 anos)
- Johann Sebastian - nado o 21 de marzo de 1685 en Eisenach; † 28 de xullo de 1750 en Leipzig (65 anos)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Wolff, Christoph (2000). Norton, ed. Johann Sebastian Bach: The Learned Musician (en inglés). New York. pp. 16–17. ISBN 0-393-32256-4.
- ↑ Rollberg, Friß (1927). "Johann Ambrosius Bach. Stadtpfeifer zu Eisenach von 1671–1695". Bach Jahrbuch (en alemán): 133–152.