Johann Christoph Bach
Johann Crhistoph Bach | |
---|---|
![]() Retrato de Johann Christoph Bach. | |
Nacemento | 6 de decembro de 1642 e 8 de decembro de 1642 |
Arnstadt,![]() | |
Falecemento | 31 de marzo de 1703 (60 anos) |
Eisenach,![]() | |
Nacionalidade | Schwarzburg-Sondershausen |
Instrumento(s) | Órgano |
Composicións destacadas | Meine Freundin, du bist schön |
Pai | Heinrich Bach |
Nai | Eva Hoffmann |
Fillos | Johann Nicolaus Bach e Johann Friedrich Bach |
Irmáns | Johann Michael Bach |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Johann Christoph Bach, nado en Arnstadt o 6 de decembro de 1642 e finado en Eisenach o 31 de marzo de 1703, foi un compositor alemán do Barroco. Non debe ser confundido co fillo de Johann Sebastian Bach, Johann Christoph Friedrich Bach.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Johann Christoph Bach naceu en Arnstadt (daquela no Sacro Imperio Romano-Xermánico e actualmente no estado de Turinxia, Alemaña), fillo de Heinrich Bach, tío avó de Johann Sebastian Bach, polo que era o primo irmán de Johann Sebastian. Foi tamén o tío de Maria Barbara Bach, a primeira muller de J.S. Bach.
Johann Christoph tiña unha reputación como compositor que só foi igualada por Johann Sebastian entre a familia Bach durante a súa vida. A partir de 1665 compaxinou o cargo de organista na Georgenkirche co de cembalista da orquestra de cámara da corte de Eisenach. Seu irmán, Johann Michael Bach (sogro de Johann Sebastian Bach e pai de Maria Barbara), foi tamén compositor. Estivo en contacto con Johann Ambrosius Bach, e deulle clasese ao seu fillo Johann Sebastian. Algunhas das súas obras foron posteriormente atribuídas a Johann Sebastian, mais recentemente foron recoñecidas como obras escritas por Johann Christoph. Catro dos seus fillos foron tamén músicos:
- Johann Nikolaus Bach (1669-1753)
- Johann Christoph Bach (1689-1740)
- Johann Friedrich Bach
- Johann Michael Bach
Foi un compositor de gran capacidade, mais a pesar do seu éxito como músico, Johann Christoph atravesou dificultades financeiras, que puideron ter dado lugar á súa non selección como titor de Johann Sebastian cando morreron os seus pais. Posiblemente non recibiu a apreciación que merecía polo seu carácter difícil e testalán co Consello de Eisenach. Johann Christoph tiña moitas débedas cando morreu en Eisenach.
Obra[editar | editar a fonte]
Johann Ambrosius Bach tiña as obras de Johann Christoph en grande estima, a quen consideraba "o compositor más grande e expresivo da familia". Unha das composicións máis famosas de Johann Christoph é a cantata Meine Freundin, du bist schön, baseada no Cantar dos Cantares, mais poucas obras súas sobreviviron, a maioría no Altbachisches Archiv:
- Doce Motetes.
- Sete ou oito Geistliche Konzerte, incluídos os grandes conxuntos "Es erhub sich ein Streit im Himmel".
- Dúas Arias.
- Dous lamentos.
- Dúas cantatas.
- Uns cincuenta Orgelchoräle.
- Präludium und Fuge en mi bemol para clave.
- Tres obras de variacións para clave.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- von Liliencron, Rochus (1875). "Bach, Johann Christoph.". En Duncker & Humblot. Allgemeine Deutsche Biographie (ADB) (en alemán) 1. Leipzig.
- Gurlitt, Wilibald (1953). "Bach, Johann Christoph". En Duncker & Humblot. Neue Deutsche Biographie (NDB) (en alemán) 1. Berlín. ISBN 3-428-00182-6.
- Wolter, Stefan (2003). Bedenket das Armuth. Das Armenwesen der Stadt Eisenach im ausgehenden 17. und im 18. Jahrhundert, (en alemán) (Gotinga).
- Editorial Rombo, ed. (1996). Diccionario Enciclopédico de la Música "Música Maestro". ISBN 84-8257-032-3.
- Editorial Salvat, ed. (1986). Musicalia, Enciclopedia y Guía de la Música Clásica. ISBN 84-7137-872-8.
- Librairie Larousse, ed. (1957). Larousse de la musique.